Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Accións para a mellora da competitividade local e sensibilización da poboación local sobre o Turismo Mariñeiro, a través de accións de dinamización e promoción dos itinerarios turísticos creados no marco do proxecto “Galicia Norte, Mares de Experiencias”

Este proxecto preséntase mediante a colaboración entre dous GALP, o da Mariña-Ortegal e o do Golfo Ártabro Norte, por ser territorios contiguos con características comúns, xa que contan cun rico patrimonio marítimo pesqueiro, cultural e natural moi importante. En total, abrangue unha lonxitude de costa de 384 quilómetros, dos cales 144 pertencen á provincia de Lugo e 240, á da Coruña.

As oportunidades relacionadas co sector pesqueiro e o turismo que existen dentro do territorio e que ámbolos dous Grupos plasman nas súas Estratexias, son as seguintes:

  • Os sectores con grandes potencialidades son a alimentación, o turismo e a artesanía.

  • Posta en valor do mundo do mar a través da promoción do patrimonio marítimo e dos produtos pesqueiros tanto dentro do territorio como fora del.

  • Desenvolvemento de actividades relacionadas co turismo mariñeiro.

  • Crecemento das actividades de turismo e de ocio que son complementarias ao sector pesqueiro e marisqueiro.

    Para conseguir aproveitar as oportunidades descritas e conseguir os retos que se plasman nas Estratexias de ámbolos dous Grupos, plantexanse a través deste proxecto o desenvolvemento de actuacións sustentables que se dirixen á posta en valor do seu patrimonio cultural e patrimonial relacionado co sector pesqueiro e o turismo, desenvolvendo unha oferta turística que conecte as experiencias creadas no ano 2017 cos axentes turísticos do territorio, tanto tecido empresarial como poboación local.

    Este proxecto pode xerar unha alternativa para a diversificación da economía pesqueira e marisqueira, como vía de dinamización da actividade e captación de novas fontes de ingresos. Ademais preténdese tamén crear espazos de interpretación e exposición de actividades e tradicións mariñeiras, impulsando a toma de conciencia sobre a importancia do papel da vida mariñeira e o mar na historia e na cultura do territorio, implicando á poboación local como prescriptores da súa cultura. Así mesmo, fomentarase a integración da oferta de servizos dentro do sector do turismo, ofrecendo experiencias integrais, para logo unificar a promoción turística da zona como un todo, prestando especial atención ao posicionamento online.

Datos xerais
Acrónimo: 
Accións de dinamización e promoción de Galicia Norte, Mares de Experiencias
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
GALP A Mariña-Ortegal (Coordinador) e GALP Golfo Ártabro Norte
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Asociación: 2 GALP
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 3 de agosto de 2016 da Consellería do Mar (DOG nº 166, do 02.09.2016). Orde do 19 de decembro de 2017 polo que se fixa o importe de crédito dispoñible na convocatoria de 2018 (DOG nº 3 de 04.01.2018)
Convocatoria - ano: 
2018
Data de aprobación: 
08/06/2018
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
6
Anualidades: 
2018
Data fin de execución: 
31/12/2018
Ámbito de aplicación: 
-
Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
45.121,62 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
45.121,62 €
Total axuda pública aprobada (€): 
45.121,62 €
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
38.353,38
FEMP (%): 
85
CA (€): 
6.768,24
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  1. Diversificar a actividade pesqueira de forma sustentable

  2. Posicionar o territorio do GALP A Mariña- Ortegal e do GALP Golfo Ártabro Norte dentro do turismo mariñeiro

  3. Sensibilizar á poboación co coidado do seu patrimonio relacionado có mar, no uso responsable do mesmo e nos métodos de promoción e divulgación patrimonial

  4. Detección de oportunidades de negocio relacionadas co sector pesqueiro e o turismo

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  1. Listado de empresas adheridas ao proxecto e informe do resultado das visitas indicando o grao de cumprimento dos requisitos

  2. Información para incluír no material promocional de cada empresa

  3. Informe de resultado de participación nas xornadas de networking

  4. Obradoiros demostrativos, para poñer en valor os oficios tradicionais do mar

  5. Creación e xestión de contidos en 2 perfís en redes sociais durante 6 meses

Principais actividades do proxecto: 
  1. Dinamización dos axentes turísticos locais.- Nesta primeira fase preténdense dinamizar os axentes turísticos locais que poidan verse beneficiados polas rutas “Galicia Norte, Mares de Experiencias”, de tal xeito que entren a formar parte das mesmas, aumentando o valor engadido en ámbalas dúas direccións. As accións a levar a cabo son:

  2. Captación e adhesión dos axentes turísticos a través de xornadas de difusión

  3. Visitas individualizadas ás empresas

  4. Organización de xornadas de networking

  5. Implicación da poboación local nos valores mariñeiros do territorio.- A través desta actividade búscase a implicación da poboación local, preferentemente mulleres e mozos/as, no coñecemento, conservación e posta en valor do patrimonio do mar. Levarase a cabo a organización e desenvolvemento de obradoiros demostrativos.

  6. Comunicación e promoción dos itinerarios “Galicia Norte, Mares de Experiencias” e o tecido empresarial asociado ao proxecto.- Resulta imprescindible comunicar axeitadamente a información creada neste proxecto, e para elo a presencia na rede hoxe en día convértese nunha acción practicamente obrigada. Non obstante, tamén se utilizarán outras ferramentas de marketing máis convencionais como audiovisuais e un acto de presentación dos resultados finais do proxecto.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

6.- Fomento da cooperación (Principal).

2.- Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara a novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.

4.- Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras.

Obxectivo específico da EDLP: 

6.1.- Incrementar a cooperación entre entidades do territorio e de fóra do territorio do GALP para reforzar a sinerxía e o establecemento de redes, na mellora dos diferentes sectores e no desenvolvemento das zonas pesqueiras (Principal).

2.3.- Facer da Mariña-Ortegal un destino turístico diferencial destacando as potencialidades do turismo mariñeiro.

4.1.- Aumentar o patrimonio marítimo costeiro recuperado e posto en valor.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)