Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Anuncio de contratación para a realización dun vídeo documental sobre a Historia dos Asteleiros na Mariña-Ortegal

O presente anuncio realízase para a contratación dunha Asistencia Técnica para levar a cabo a realización dun documental sobre a historia dos asteleiros na Mariña-Ortegal , para dar a coñecer o pasado e presente da industria naval na Mariña-Ortegal ó longo da historia percorrendo todos aqueles concellos do noso territorio (dende Ribadeo a Valdoviño) que ó longo do tempo tiveron algún asteleiro operativo

A información sobre os requisitos das propostas e prescricións técnicas, pódese consultar no documento adxunto a este anuncio.

A proposta técnica e oferta económica, que deberá vir acompañada do Anexo III que se adxunta a este anuncio, pódense presentar ata 10 días hábiles a partires da publicación deste anuncio (23 de febreiro), no seguinte enderezo electrónico: galp.mar.marinaortegal@xunta.gal. A documentación deberá ter firma dixital, senón será necesario presentar os documentos orixinais no seguinte enderezo:

GALP A Mariña-Ortegal

Rúa Misericordia, 35 Baixo

27850 Viveiro (Lugo)

Especificacións técnicas:/sites/default/files/documental_historia_dos_asteleiros_especificacions_tecnicas.pdf

Anexo III: /sites/default/files/historia_dos_asteleiros_anexo_iii.docx