Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Comeza a II edición de RELEVO2020 no GALP A Mariña-Ortegal

Este mes no GALP A Mariña-Ortegal demos comezo á segunda edición do proxecto RELEVO2020 no noso territorio.
Fixémolo na aula de formación da confraría de pescadores de Burela e cun grupo inicial de 7 inscritos.
Así mesmo tamén continuamos coas sesións informativas coa alumnado dos ciclos formativos nos IES do territorio.
A partir da semana que ven, as SESIÓNS de RELEVO2020 terán lugar en Foz, todos os LUNS en horario de tarde, a partir das 16.30h

Se estás interesado en coñecer os recursos, ferramentas e oportunidades que o sector do mar che brinda no noso territorio, contacta con nós:
Na nosa ofiicna, no email info@relevo2020.org ou no tlf. 633 33 54 63.
Seguro que estas titorías che van axudar a encamiñar o teu futuro laboral ..... Tes máis oportuniaddes preto de ti das que pensas!
Non o dubides, participa !!