Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Ebike Spain Ortegal

Trátase dun empresario individual, menor de 30 anos, que pretende poñer en marcha unha liña de turismo activo na que se fomente o uso da bicicleta como instrumento para coñecer o medio natural e potenciar o turismo activo no territorio da Mariña-Ortegal. Crearanse unha serie de roteiros polo territorio guiados por un profesional, co fin de que os clientes coñezan a costa e os recursos naturais da zona, aproveitando os sendeiros que  xa existen a carón de ríos, cantís, faros e praias; os roteiros  serán combinados con actividades relacionadas co sector pesqueiro, non só con visitas ao entorno mariño, senón tamén coa degustación de produtos do mar elaborados por restaurantes locais, poñendo así en valor os recursos pesqueiros locais.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Pablo Maciñeira López
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Empresario individual
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), aprobadas aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro para o d
Convocatoria - ano: 
2019
Data de aprobación: 
19/07/2019
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
1
Anualidades: 
2019
Data fin de execución: 
31/10/2019
Ámbito de aplicación: 

Ortigueira (A Coruña)

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
15.473,86 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
12.748,31 €
Total axuda pública aprobada (€): 
12.748,31 €
% Subvención: 
50
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
5.418,03 €
FEMP (%): 
85
CA (€): 
956,12 €
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
1
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Prestar un novo servizo de turismo activo que complemente e mellore a oferta turística actual no territorio de Ortegal.
Fomentar o crecemento económico de forma directa ( o propio proxecto) e indirecta ( polo desenvolvemento turístico).
Poñer en valor o patrimonio medioambiental da zona.
Potenciar que a xente nova emprenda e resida no territorio.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Dotación ao territorio dun servizo de turismo activo e dunha empresa turística complementaria de calidade.
Incremento do turismo derivado da diversificación das actividades turísticas que melloran a experiencia do cliente e fidelizan a súa relación co destino.
Fortalecemento das actividades de empresas de cadea de valor do sector turístico, como é o caso das empresas de aloxamento e restauración.
Fomento do coñecemento do medio natural costeiro e pesqueiro de forma sostible e respectuosa co entorno.
Emprendemento por parte de xente nova no territorio e creación de emprego por conta allea (1 ETC).

Principais actividades do proxecto: 

Adquisición de equipamento necesario para levar a cabo a actividade.
Posta en marcha da actividade e comercialización dos produtos.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

3. Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono.

2. Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.

Obxectivo específico da EDLP: 

3.1 Dotarse de novos instrumentos que garantan un maior coidado do medio natural e mariño.

2.3 Facer da Mariña-Ortegal un destino turístico diferencial destacando as potencialidades do turismo mariñeiro.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)