Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Emprego Inclusivo na zona costeira galega

Proxecto para o fomento da colaboración entre entidades do sector pesqueiro con entidades do sector social (centros especiais de emprego e centros ocupacionais), co obxectivo de que poidan producir bens e servizos ás entidades do sector Pesca aproveitando recursos e residuos e potenciando un modelo de economía circular.

O proxecto busca a inclusión laboral de persoas con discapacidade e outros colectivos vulnerables a través do aproveitamento das oportunidades que xeran as actividades económicas do sector pesqueiro.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
GALP A Mariña-Ortegal
Datos de interese: 
Outras entidades participantes: GALP Golfo Ártabro Norte, GALP Costa da Morte ,GALP Seo Fisterra, Ría de Muros Noia Costa Sostible, GALP Ría de Arousa e GALP Golfo Ártabro Sur
Perfil empresarial: 
Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
ORDE do 3 de agosto de 2016 da Consellería do Mar (DOG nº 166, do 02.09.2016) Orde do 13 de decembro de 2019 pola que se fixa o importe do crédito dispoñible na convocatoria de 2020 para a concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva a proxe
Convocatoria - ano: 
2020
Data de aprobación: 
13/05/2020
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
12
Anualidades: 
2020-2021
Data fin de execución: 
30/12/2021
Ámbito de aplicación: 

O proxecto abarca unha ampla zona do litoral galego, con influencia nun total de 56 concellos, integrados en 5 grupos do total dos 8 GALPs existentes na comunidade galega.

 Os municipios que forman parte destes 5 GALPs son os seguintes

GALP A Mariña Ortegal: Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, O Vicedo, Mañón, Ortigueira, Cariño, Cedeira, Valdoviño.

GALP Golfo Artabro Norte: Ferrol, Neda, Fene, Narón, Ares, Mugardos, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne.

GALP Golfo Artabro Sur: Bergondo, Sada, Oleiros, Cambre, Culleredo, A Coruña e Arteixo.

GALP Costa da Morte: A Laracha, Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Laxe, Vimianzo, Camariñas, Muxía.

GALP Seo de Fisterra Ría de Muros Noia. Costa Sostible: Fisterra, Corcubión, Cee, Dumbría, Carnota, Muros, Outes, Noia, Porto do Son.

GALP Ría de Arousa: Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Catoira, Rianxo, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Illa de Arousa, Cambados, Ribadumia, O Grove.

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
108.718,62€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
108.718,62€
Total axuda pública aprobada (€): 
108.718,62€
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
92.410,83€
FEMP (%): 
85
CA (€): 
16.307,79€
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Crear condicións de posibilidade para a consolidación e o xurdimento de iniciativas de inclusión laboral de colectivos especialmente vulnerables. Nese sentido, o proxecto consistirá en crear un ecosistema para o emprendemento inclusivo, aproveitando as potencialidades do territorio e da actividade económica ligada ao mar.

Búscase a xeración e o mantemento de emprego inclusivo na zonas costeiras, promovendo un modelo de economía circular, onde se fomente a colaboración entre entidades do territorio, empregando os recursos endóxenos e a valorización de residuos procedentes das actividades vinculadas ao mundo do mar.

Este proxecto pretende reforzar a cohesión territorial das zonas costeiras mediante o fomento do crecemento económico, a inclusión social e a creación de emprego.

Trátase de promover un modelo que fomente a colaboración entre entidades (emprego inclusivo, sector pesqueiro, sector público, económico e social) cara un modelo de aproveitamento económico sostible e circular, deseñando novos produtos, utilidades de produto ou servizos que garantan a continuidade do traballo que desenvolven o conxunto de centros de emprego inclusivo que hai nas zonas costeiras.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

A través da intermediación, o principal resultado que se obterá será o dunha maior gobernanza e cooperación entre entidades do ámbito da inclusión social e as entidades vencelladas ao mundo do mar, así como a entrada con maior peso da inclusión laboral de persoas e colectivos vulnerables nas axendas de traballo dos GALP.

Se acadaría:

Un aumento potencial da empregabilidade de colectivos en risco de inclusión social e laboral, consolidando os empregos actuais e creando novos postos de traballo, asociados a novas liñas de negocio.
 Identificación de novas oportunidades para o aproveitamento sostible dos recursos endóxenos do territorio e dos refugallos.
Unha conciencia máis activa e dinámica nas confrarías e entidades do sector en relación ás problemáticas ambientais e da inclusión social.
 Unha rede de colaboración entre entidades no ámbito local, no ámbito das zonas costeiras e no ámbito da aplicación do proxecto.
Un espazo de difusión dos produtos e servizos que ofrecen os centros de emprego e centros ocupacionais, mediante o posicionamento dixital nas web ou redes sociais xa existentes dos GALP.

Principais actividades do proxecto: 
  1. Identificación de necesidades  e oportunidades detectados, que servirá de base para identificar potenciais liñas de negocio.
  2. Catálogo de produtos e servizos das entidades de inserción.
  3. Rede de contactos e relacións de colaboración e confianza entre entidades que traballan a inclusión laboral e o sector económico do mar.
  4. Potenciais ideas de negocio que resolvan necesidades dos sectores do mar e xeren emprego para colectivos vulnerables, identificando aos axentes interesados en levalas adiante. Compromisos de colaboración para desenvolver esas ideas. Definición de servizos ou produtos en torno a esas ideas e concreción de modelos de negocio.
  5. Acompañamento de ideas de negocio e busca de apoios para súa concreción e impulso da súa posta en marcha.

 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 
-
Obxectivo específico da EDLP: 

1.Promover a sensibilización e o traballo conxunto entre Centros Ocupacionais e Centros Especiais de Emprego e entidades do sector pesqueiro para xerar novas oportunidades no ámbito económico, produtivo e social, que reforcen a inclusión social de colectivos vulnerables.

2. Idear posibilidades de colaboración e novas ideas de negocio, que impulsen o crecemento e o mantemento de emprego para estes colectivos, vinculándoas de maneira directa co mundo do mar (actividades produtivas, de ocio,...). Estas posibilidades centraranse en deseñar novos produtos, utilidades de produto ou servizos, que poidan ser desenvoltos nestes centros, partindo dun aproveitamento sostible dos recursos ambientais e do mar ou dos refugallos derivados das actividades vinculadas a este sector ou outros, integrando unha visión innovadora e creativa na concepción e definición de novos produtos, utilidades de produto ou servizos.

3. Sistematizar e divulgar a oferta de servizos e produtos que desenvolven os centros especiais de emprego e os centros ocupacionais, de cara a promover un tecido social e produtivo máis inclusivo, nas zonas costeiras.

4. Reforzar a sustentabilidade ambiental das zonas costeiras e preservar o seu patrimonio natural e cultural, a través dun modelo de economía circular que poña en conexión o traballo e as necesidades dos axentes sociais e económicos das zonas costeiras. Deste xeito, concienciamos ao sector do mar e á poboación local sobre aspectos ambientais

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)