Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Espazo Natura – SLOW FOZ – Ría de Foz

O proxecto consiste en crear un establecemento turístico coa categoría de albergue, denominado "Espazo Natura - Slow Foz - Ría de Foz". Tratase dunha nova forma de pensar o turismo na que se aposta claramente pola cultura local a gastronomía do mar, a posta en valor dos produtos pesqueiros e o coidado do medio ambiente.  Vanse realizar obras de acondicionamento nun inmoble existente e na súa contorna; dotarase ao edificio do equipamento necesario para levar a cabo a actividade, adecuando as instalacións á redución de CO2 mediante enerxías renovables. Ademais do aloxamento, levaranse a cabo actividades ecolóxicas e medio ambientais, gastronómicas...

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Pronervus Enerxías Renovables, S.L.U.
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Empresa Privada.
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), aprobadas aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro para o d
Convocatoria - ano: 
2019
Data de aprobación: 
19/07/2019
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
9
Anualidades: 
2019-2020
Data fin de execución: 
31/10/2019
Ámbito de aplicación: 

Foz (Lugo).

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
443.160,22 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
406.623,42 €
Total axuda pública aprobada (€): 
54.594,90 €
% Subvención: 
13,4
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
46.405,66 €
FEMP (%): 
85
CA (€): 
8.189,24 €
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
2,5
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Incrementar a oferta de aloxamento de calidade na zona e ademais vincular esta a actividades de turismo activo, relacionadas co turismo mariñeiro.
Poñer en valor o patrimonio medioambiental, cultural e pesqueiro da zona, a través de visitas e actividades de concienciación medioambiental.
Poñer en valor os recursos pesqueiros a través de obradoiros gastronómicos.
Establecer sinerxías e cooperar con empresas de turismo activo e entidades do sector pesqueiro para levar a cabo as actividades complementarias ao aloxamento.
Crear emprego feminino na zona.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Impulso e creación dun novo negocio vinculado co mar e a pesca e baseado no turismo Mariñeiro: posta en valor das embarcacións tradicionais da Ría de Foz e actividades náuticas.
Incremento das actividades que teñen por obxecto a posta en valor e coidado dos espazos naturais e marítimos: charlas medioambientais, rutas en bicicleta...
Creación de novas actividades relacionadas co mar e os produtos do mar: talleres participativos de cociña con produtos do mar, pensados para quen quere desfrutar dunha experiencia gastronómica mentres se aprenden técnicas de cociña innovadoras. Showcooking.
Actividades de divulgación e coñecemento do sector pesqueiro.
Fixar poboación no territorio do GALP.
Fomento da cooperación entre os provedores locais: actividades náuticas, rutas ornitolóxicas....
Venta de produtos elaborados con materias primas procedentes das lonxas locais.
Creación de un espazo común de traballo e participación. Espazo Natura.
Creación de emprego: 2,5 ETC.

Principais actividades do proxecto: 

Obras de acondicionamento do inmoble e a súa contorna.
Deseño e posta en marcha do negocio de aloxamento así como das actividades de turismo mariñeiro deseñadas:

ALOXAMENTO DE CALIDADE TURISTICA. ESPAZO NATURA:

Salón de actos, Exposicións, Itinerarios, Concertos – Multifuncións.

ACTIVIDADES ECOLOXICAS E MEDIOAMBIENTAIS:

Actividades náuticas.
Charlas medioambientais.
Avistamento de aves, Ornitoloxía.
Fomento de Rutas en bicicleta.

ACTIVIDADES GASTRONÓMICAS:

Do Mar a Mesa.
Cociña do Mar.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

4. Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras.

3. Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono.

6. Fomento da cooperación.

2. Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.

 

Obxectivo específico da EDLP: 

4.1: Aumentar o patrimonio marítimo costeiro recuperado e posto en valor.

3.1: Dotarse de novos instrumentos que garantan un maior coidado do medio natural e mariño.

6.1: Incrementar a cooperación entre entidades do territorio para reforzar a sinerxía e o establecemento de redes, na mellora dos diferentes sectores e no desenvolvemento das zonas pesqueiras.

2.3: Facer da Mariña-Ortegal un destino turístico diferencial destacando as potencialidades do turismo mariñeiro.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)