Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

GOBERMAR-Iniciamos Obradoiros de proxectos do Mar

Esta semana daban comezos os primeiros obradoiros en Cariño e Cedeira, dentro do proxecto <<GOBERMAR, de Impulso da Gobernanza do sector pesqueiro na Mariña-Ortegal>>, en colaboración cos concellos destas localidades. Participaron máis de 20 persoas de empresas comercializadoras, transformadoras, confrarías, agrupacións de mariscadoras, persoas emprendedoras e outras empresas fóra do sector do mar con actividades que poden aportar valor á cadea de distribución dos nosos produtos pesqueiros.

Nos encontros devólvese a información do traballo de campo realizado ás confrarías, asociacións e concellos durante os meses de verán e os primeiros resultados do cuestionario dirixido a empresas, de detección de oportunidades de negocio no sector do mar, a través de paneis participativos, que se van completando de sesión en sesión, nun ambiente de distensión, no que temos ocasión de tomar un café e algún produto mariñeiro.

Para a semana continuamos co calendario de sesións: o martes 12 no Centro de San Roque (Ortigueira) e xoves 14 no Centro de Formación Ocupacional (Burela). Ambos darán comezo ás 18,00 horas.

Inscricións: gobermar.marinaortegal@gmail.com