Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

I Congreso Nacional Artes de Pesca

A Fundación EXPOMAR vai levar a cabo  I Congreso Nacional de Artes de Pesca que terá lugar os vindeiros días 12 e 13 de decembro no Salón de Actos de ABSA, Burela.

Este congreso ten como obxectivo principal a posta en valor das artes de pesca en perigo de desaparición e o intercambio de coñecementos sobre as artes doutros territorios de ámbito nacional. Dentro do evento abordaranse diferentes intervencións e mesas de debate sobre a temática. 

Para inscribirse no Congreso, soamente hai que cubrir o seguinte formulario: https://forms.gle/MKb9KdZvjcWZqsfi9

Este proxecto contou coa financiación das axudas que xestiona o GALP A Mariña-Ortegal.