Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Inaguración Exposición Fotográfica "A Mariña Somerxida" en Cervo

A exposición fotográfica "A Mariña Somerxida" que presenta o GALP A Mariña-Ortegal, segue os seu itinerario. Nesta ocasión en Cervo, onde o pasado día 9 de xullo se celebrou a súa inaguración. A mostra estará exposta ata o vindeiro día 31 de xullo na sala de exposicións das Antigas Carboeiras de Sargadelos e no Museo provincial do Mar.
O evento foi inaugurado polo Vicepresidente do GALP A Mariña-Ortegal, Alfredo Llano e participaron o rexedor, Alfonso Villares, e a e edil de Medio Ambiente, Mali Méndez.

A exposición consta de  cincuenta instantáneas orixinais dos fondos mariños da costa de Lugo.
A exposición fotográfica unica na Mariña Lucense, promovida polo GALP A Mariña Ortegal, dos fotógrafos Hugo Fernández e Carlos Gil, é unha mostra dun patrimonio natural descoñecido pola maioría. Pon en valor a biodiversidade somerxida.