
Este proxecto ten dúas vertentes: unha para mellorar a conservación dos produtos pesqueiros procedentes da pesca artesanal durante a súa distribución e outra dirixida a ao aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental. A primeira consiste na dotación dunha furgoneta provista dun caixón isotérmico para o transporte de mariscos e peixes A segunda consiste en instalar na embarcación de pesca costeira artesanal un equipo de protección catódica. Este permite evitar a contaminación mariña por residuos de cinz procedentes dos ánodos que preveñen da acción galvánica (corrosión dos metais).
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Mellorar as condicións de traballo na pesca extractiva e ter unha embarcación menos contaminante e máis respectuosa co medioambente.
Conseguir unha mellora nos procesos da cadea loxística dos produtos pesqueiros locais.
Conseguir unha empresa máis competitiva.
A compra de furgoneta equipada para o transporte de peixe fará máis rendible a actividade da empresa e mellorará as vendas.
O equipo de protección catódica evita a contaminación mariña .
Mantemento de emprego.
Compra de furgoneta con caixón isotérmico para o transporte de peixes e mariscos que permita racionalizar a comercialización dos produtos.
Instalación dun equipo de protección catódica na embarcación de pesca costeira artesanal para evitar a contaminación mariña.
Obxectivo 1: Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
Obxectivo 3 : Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono.
Obxectivo 1.1: Consolidar o posicionamento do produto pesqueiro na Mariña-Ortegal.
Obxectivo 3.1: Dotar de novos instrumentos que garantan un maior coidado do medio natural e mariño.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)