A entidade pretende adquirir un vehículo anfibio co fin de mellorar os accesos ao mar dos traballadores e os medios de vixilancia e control dos bancos de percebe desta zona costeira. Actualmente o acceso a auga desde a praia dos Botes é moi inseguro e causa serias dificultades para unha correcta incursión coas embarcacións actuais. A Asociación de percebeiros de Meirás, cuxa preocupación principal é a da vixilancia e control das capturas ilegais, precisa dun acceso seguro, rápido e eficaz non só para facer a súa labor, senón para ter un modo rápido de chegar ante unha actuación ilegal. Do mesmo xeito, a adquisición deste tipo de vehículo, favorece aos medios de protección civil e salvamento marítimo ao contar cunha ferramenta de acceso rápido e seguro no caso de emerxencia.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Reforzar a seguridade laboral do sector percebeiro, reforzando a posición social deste sector marisqueiro na comunidade.
Mellorar a identidade e calidade dos produtos marisqueiros da zona, apoiando a xestión e explotación sostible dos recursos percebeiros da zona.
Mellorar o coidado do medio costeiro mediante limpeza de praias, recollida de algas e traballos de rexeneración sobre parques de cultivo.
Aumentar as medidas de seguridade, fronte a situación actual, facilitando o acceso ao mar tanto dos traballadores como dos materiais necesarios para o desenvolvemento da súa actividade.
Aumentar o número de remolques para facilitar o acceso conxunto dos traballadores ao mar.
Facer fronte a un dos problemas que máis afectan a economía do sector: a captura e venda ilegal de percebe.
Evitar a comercialización de produtos do mar que poden xerar problemas de saúde pública por mor de non pasar os respectivos controis.
Contribuír á xestión eficaz e sostible dos recursos marisqueiros da zona.
Incrementar a colaboración coas autoridades públicas competentes para ter un maior coñecemento sobre o que está a pasar nesta zona costeira, e deste xeito poder acabar co furtivismo.
Adquisición dun equipo motriz para a manipulación dos carros composto dun tractor de eirugas que pode circular tanto sobre area como sobre cemento, e 7 remolques para a manipulación de embarcacións en carreteira, que conta cunha fisionomía especial para introducirse na auga do mar.
Posta en funcionamento do vehículo.
1. Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da xuventude, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en tódalas fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
1.1 Consolidar o posicionamento do produto pesqueiro da Mariña – Ortegal.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)