O proxecto consiste na dotación dunha furgoneta de traballo provista dun caixón isotérmico extraíble, que servirá para o transporte de peixes e mariscos capturados pola embarcación de pesca artesanal "Cabo Morás", co fin de darlle mais competitividade á empresa, mellorar o sistema de distribución e poder transportar ditos produtos nunhas condicións óptimas ata as distintas lonxas do territorio.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Conseguir unha mellora nos procesos da cadea loxística dos produtos pesqueiros locais, que implique un incremento nos prezos en primeira venda e que destaquen o seu valor diferencial, tendo en conta que son produtos pescados dunha maneira artesanal e sostible.
Conseguir unha empresa máis competitiva, que poda manterse no tempo, mantendo así o emprego no sector pesqueiro.
Conseguir unha empresa mais competitiva.
Mellorar o sistema de transporte para a comercialización dos produtos pesqueiros.
Contribución ao mantemento da pesca costeira artesanal.
Mantemento dun posto de traballo.
Adquisición dun vehículo de transporte de mercancías provisto dun caixón isotermo para o transporte de mariscos e peixes, e dunha capacidade para 500 quilos, co obxecto de racionalizar a comercialización dos produtos pescados pola embarcación, podendo transportalos á lonxa axeitada e facer así máis rendible a pesca desembarcada e por extensión a empresa.
1. Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
1.1 Consolidar o posicionamento do produto pesqueiro da Mariña-Ortegal.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)