Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Novo sistema de poxa para mellorar a competitividade da lonxa de Burela

O proxecto consiste na implantación dun novo sistema de poxa na lonxa de Burela, co obxectivo de sentar as bases para a futura poxa non presencial. Tratarase de prescindir da "voz humana" sendo cantada a baixada de prezo por un altofalante, previo desenrolo do correspondente Software no que a parada por parte do comprador se realiza presionando unha tecla no mando da poxa. Instalaranse en todas as zonas de poxa da lonxa uns paneis para poder seguir a poxa e para cubrir as poxas que se fagan nas zonas non habituais desenrolaranse carros móbiles de acompañamento con pantallas. Reforzarase a WIFI para garantir o bo funcionamento do novo sistema.

O investimento inclúe equipamento: Tablets que soporten o novo sistema, Servidores, Altofalantes. Adaptarase ao sistema de etiquetaxe, incorporando á información esixida por norma e a marca "  MERLUZAD&BURELA" para diferenciar a pescada capturada polos barcos de palangre de fondo (anzol).

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Armadores de Burela S.A.
Datos de interese: 
https://absaburela.com/
Perfil empresarial: 
Empresa Privada
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao amparo das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo ( EDLP), aprobadas aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro para o
Convocatoria - ano: 
2021
Data de aprobación: 
17/06/2021
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
3
Anualidades: 
2021
Data fin de execución: 
31/10/2021
Ámbito de aplicación: 

Burela (Lugo)

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
392.164,47 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
324.102,87 €
Total axuda pública aprobada (€): 
162.051,43 €
% Subvención: 
50
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
137.743,72€
FEMP (%): 
85
CA (€): 
24.307,71€
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
41
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Incrementar a competitividade e concentrar a oferta e demanda de peixe nas instalacións.

Incrementar o número de visitas á lonxa de Burela para ver como se realiza a primeira venda na lonxa dunha forma ordenada.

Fomentar a competitividade das empresas pesqueiras que traballan no Porto de Burela.

Aumento do valor engadido pola etiquetaxe diferencial de  MERLUZAD&BURELA.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Co novo sistema poderán acudir un maior número de comercializadores provocando unha maior demanda.

Minimizar os riscos da  COVID19

Incremento do número de embarcacións e da súa rendibilidade.

Incremento das visitas á lonxa.

Incremento do prezo do produto coa incorporación da etiquetaxe diferencial de  MERLUZAD&BURELA.

Principais actividades do proxecto: 

Implantación dun novo sistema de poxa co obxectivo de sentar as bases para unha futura poxa non presencial.

Instalación en todas as zonas de poxa de paneis para o seu seguimento.

Carros móbiles de acompañamento de pantallas para seguir a poxa en zonas non habituais.

Reforzo da wifi (enlaces fibra óptica, armarios  rack…)

Dotación de equipos informáticos  Tablets, servidores e  amplificadores de son.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

1.-Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases  da cadea de subministro dos produtos pesqueiros,; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.

Obxectivo específico da EDLP: 

1.1.- Consolidar o posicionamento do produto pesqueiro da Mariña-Ortegal como o eixe central sobre o que se orienta a estratexia.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)