Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O alumnado dos IES Cabo Ortegal e IES Punta Candieira participan nas actividades de deportes náuticos do Prorgama Xogando na Auga

Alumnado dos IES Cabo Ortegal de Cariño, o día 13 de maio e o IES Punta Candieira de Cedeira, os días 13 e 14 maio,  tivero a ocasión de particpar nas actividades de deportes náuticos de vela, piragüismo e paddle board, do programa Xogando na Auga, que organiza o GALP A Mariña-Ortegal.

Estas actividades leváronse a cabo no encoro das Forcadas (Valdoviño), organizando aos rapaces en grupos rortatorios de 45 mts. para a práctica de:

  • Iniciación á vela lixeira en embarcación colectiva
  • Iniciación ó piragüísmo en embacación dobre
  • Iniciación ó paddle board en táboa individal e en táboa colectiva.

En cada unha das xornadas se lles deu os rapaces unha pequena explicación teórico-práctica dos contidos conceptuais que se precisan para realizar as actividades, postos específicos nas embarcacións e as súas funcións, xeito de coller os remos nas diferentes modalidades, actitudes cara a conservación da contorna, xeitos de orientarse respecto ó vento, etc. e unha práctica de cada unha das modalidades.