Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O GALP A Mariña-Ortegal impulsa a Gobernanza do Sector Pesqueiro a través do proxecto GOBERMAR .

O GALP A Mariña-Ortegal segue IMPULSANDO a GOBERNANZA do SECTOR PESQUEIRO no seu territorio a través do proxecto “Gobermar”
GOBERMAR ten como OBXECTIVO incrementar o número de iniciativas promovidas polo sector pesqueiro na zona, dando a coñecer as axudas do Fondo Europeo e Marítimo de Pesca (FEMP), especialmente para accións de pesca costeira artesanal, actividades de transformación e comercialización e outras que fomenten o aproveitamento dos recursos mariños e a súa cadea, revitalizando a pesca e o marisqueo.
Durante os meses de xuño a setembro realizáronse 29 xuntanzas #informativas con responsables políticos, persoal técnico municipal, confrarías e asociacións para detectar necesidades e oportunidades (sistemas de depuración, envasado, etiquetado, explotación de novas especies….). Participaron 89 persoas de 16 entidades (confrarías, agrupacións sectoriais e asociacións de percebeiros e redeiras).
Actualmente, estase a estudar as necesidades do tecido empresarial, tanto sociedades como autónomos/as para poder identificar potencialidades e novas ideas de proxectos nas vindeiras convocatorias deste Fondo.Así, estase a realizar unha serie de #cuestionarios de detección de #oportunidades de negocio ás empresas nas que se recollen aspectos relativos á actividade económica principal (CNAE), análise da súa clientela, provedores, relacións coas institucións e no seo do asociacionismo profesional, necesidades formativas, liñas de financiamento de interese para a organización e a identificación de futuros proxectos.
Coa realización dos OBRADOIROS de XERACIÓN de PROXECTOS DO MAR, póñense en contacto ás confrarías e o tecido asociativo coas empresas do sector.
Realizaranse un total de 6 ENCONTROS, nas localidades de Cariño, Cedeira, Ortigueira, Burela, Viveiro e Ribadeo, grazas a colaboración dos concellos.
Terán unha DURACIÓN aproximada de 2 horas e responden ao seguinte esquema de CONTIDOS:
Presentación de GOBERMAR, obxectivos e accións.
Resumo do traballo de campo (asociacionismo e empresas)
Liñas de financiamento abertas e exemplos de proxectos financiados.
Café-debate (traballo en grupos). En función do nivel de participación de cada municipio, efectuarase un modelo de dinámica sectorializada (con mesas distintas nas que se agrupe ás empresas da pesca extractiva, transformadoras e comercializadoras) ou ben a través dunha dinámica xenérica sobre a elaboración de proxectos para a mellora da competitividade e identificación de liñas de negocio, coa participación dos mesmos temas en tódalas mesas.
Ao finalizar a xornada levarase a cabo unha DEGUSTACIÓN dun PINCHO MARIÑEIRO elaborado con produtos pesqueiros locais.
Para participar nestes obradoiros é precisa a inscrición previa no e-mail do programa: gobermar.marinaortegal@gmail.com
As DATAS e LUGARES:
Martes 5 de novembro, ás 17:00 horas, na casa do Concello de Cariño.
Mércores 6 de novembro, ás 18:00 horas no Auditorio de Cedeira.
Martes 12 de novembro ás 18:00 horas, no Centro de San Roque de Ortigueira.
Xoves 14 de novembro ás 18:00 horas, no Centro de Formación Ocupacional de Burela.
Martes 19 de novembro, ás 18:00 horas, na casa do Concello de Viveiro.
Mércores 20 de novembro ás 18:00 horas, na Casa da Xuventude de Ribadeo.
O proxecto GOBERMAR finalizará coa celebración dun FORO de Mellora da Gobernanza no mes de decembro, en Viveiro, do que se dará conta en breve.
Este foro presentará distintas experiencias innovadoras e empresas da Mariña Ortegal que están a ser un referente no seu sector