Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O GALP A Mariña-Ortegal participa na Xornada "Un Mar de oportunidades laborais", presentando un proxecto de inclusión social, que foi elixido como exemplo de boa práctica a nivel europeo

A Xerente do GALP A Mariña-Ortegal (Mar López-Leitón) xunto cun representante de ASPROMOR (Fernando Casás), participaron onte na xornada "Un Mar de Oportunidades Laborais. Inserción laboral  das persoas con diversidade funcional", organizada polo GALP Golfo Ártabro Sur e que se celebrou no Edificio de Servizos Múltiples de Culleredo.

Tivemos ocasión de presentar un proxecto de inclusión social financiado polo GALP á Asociación de Pro Minusválidos do Ortegal (ASPROMOR) e que foi elixido como exemplo de "Boa Práctica" a nivel europeo. O representante da entidade beneficiaria detallou a importancia da axuda para levar a cabo o proxecto e para a inserción laboral dos seus asociados, así como os traballos que están realizando na actualidade, relacionados coa reparación de envases plásticos. 

Este proxecto, ademais de ter como obxectivo a inclusión social de persoas con diversidade funcional, tamén conta cunha vertente de mellora medioambiental, xa que se facilita a reutilización de elementos plásticos, de dificil degradación por mecanismos naturais, reducindo así a fabricación de novos elementos plásticos.

Dende o GALP A Mariña-Ortegal, agradecemos ao GALP Golfo Ártabro Sur que contará con nós para o desenvolvemento da Xornada, e agardamos que esta fora moi produtiva para tódolos participantes.