Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O GALP A Mariña-Ortegal participa no Workshop Nacional-Retos Atlánticos

A Xerente do GALP A Mariña-Ortegal participou o pasado venres no Whorkshop Nacional Retos Atlánticos organizado polo Nodo Nacional do Mecanismo de Apoio do Plan de Acción do Atlántico, no Parador de Baiona.

Tras a inauguración do evento polas Autoridades pertinentes, presentáronse as distintas sesións plenarias, tratando os relatorios sobre temas como os desafíos nacionais actuais en materia de Economía Azul, o mecanismo de asistencia do Plan de Acción do Atlántico e os instrumentos e oportunidades de financiamento da Unión Europea dispoñibles a curto e medio prazo.

Despois das sesións plenarias, constituíronse once mesas de traballo organizadas en áreas temáticas como a acuicultura, a biotecnoloxía azul, a acuicultura, a pesca, as enerxías oceánicas e a resilencia costeira. O obxectivo destas mesas era fomentar a creación dun contexto favorable para visibilizar ideas de proxectos por parte dos participantes, así como dinamizar a creación de consorcios entre as diferentes organizacións.

O GALP A Mariña-Ortegal participou na Mesa 1: Valorización e comercialización de produtos da pesca, xunto co Xerente do GALP Costa da Morte e representantes de Anfaco-Cecopesca, da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, de Qualigy Solutions Innovation e do Cesga, e moderada por Yolanda Molares do “Instituto para el Crecimiento de la Empresa”.

Pódese ver mais información sobre o evento no seguinte enlace:

https://bit.ly/2nOzCyC?fbclid=IwAR0Br3bbnOvg7MCA6iZgLcUuybv9yIMm0RY2Tb08...