Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Presentación da "John Dory", a cervexá artesá elaborada con auga de mar.

Foz acolleu no día de onte a presentación da "Jonn Dory", unha cervexa artesá con auga de mar mariñán.

A "John Dory" (San Martiño) elabórase na planta de producción que a empresa Augas Santas Cervexeiros da Mariña Lucense ten no Concello de Barreiros.  Un proxecto empresarial que emprega os recursos do mar coma como materia prima e que tamén pon en valor o noso territorio, coa promoción da costa lucense a través das chamativas etiquetas ilustradas das súas cervexas.

Esta iniciativa empresarial contou coa financiación do GALP A Mariña-Ortegal.

Ao acto de presetación deste xoves acudiron a directora xeral e subdirectora de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar, o xefe territorial da Consellería do Mar, e por parte do GALP A Mariña Ortegal acudiron a súa xerente e varios membros da Xunta Directiva.