Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Presentación Proxecto TANZA na Mariña-Ortegal

Hoxe o GALP A Mariña-Ortegal pesentou no seu territorio o Proxecto Tanza, unha iniciativa que busca fomentar o emprego inclusivo na zona costeira galega. Co obxectivo de poñer en contacto a entidades do eido da inclusión social coas do sector pesqueiro.

A presentación fíxose en catro tandas de sesións informativas e contamos con representantes de varias entidades interesadas en participar: Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña,Confraría de Pescadores O Barqueiro-Bares, Fundación Expomar, COGAMI, Colectivo Chilindrín Penalba , Concello de Viveiro, ASPROMOR, Asociación de Redeiras de Cariño, OmixMañón, Asociación Festejos Garaca e Asociación Museo Mares de Cedeira.
 

#proxectotanza #TiraDoFío
#inclusiónsocial #empregabilidade #sectormarítimo