Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Programa da Xornada A Mariña Somerxida

Presentámosvos o Programa de "Xornada A Mariña Somerxida",  que terá lugar o sábado 22 de Xuño no CENIMA de Foz.

Xornada durante a cal poderemos asisitir os relatorios de varios expertos en bioloxía, fotografía, arqueoloxía mariña e conservación e desfrutar dunha magnifica exposición fotografíca.

Esta inciativa do GALP A Mariña-Ortegal pretende servir de ferramenta para visibilizar a enorme biodiversidade mariña da costa lucense e ser un referente na divulgación dos valores naturais e de conservación do litoral e de concienciación sobre a conservación do medio mariño.