Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Sesión Formativa en Cedeira: Lexislación

As sesións formativas que está a desenvolver o proxecto ‘Galicia Norte, Mares de Experiencias’ son xornadas específicas e temáticas sobre a creación de empresas e o deseño de actividades turísticas baseadas no patrimonio asociado ao mar do territorio.

Inclúen aspectos relativos a deseño de plan e modelo de negocio, plan de marketing, interacción con outros axentes de interese, lexislación e seguridade e permisos, etc.

O vindeiro 18 de outubro terá lugar a xornada sobre Lexislación na localidade de Cedeira, no auditorio municipal.