
Creación dun centro multidisciplinar, onde se achegará á comunidade infantil e xuvenil o coñecemento dos recursos da zona, a sensibilización no desenvolvemento sostible e no respecto ao medio mariño dende pequenos, a través das actividades e obradoiros propostos. Poñeranse en valor as tradicións mariñeiras, os recursos pesqueiros e marisqueiros e o patrimonio material e inmaterial do noso territorio mediante o ensino, e a realización de actividades e obradoiros para os mais pequenos; concienciándoos e promovendo unha educación ambiental e sensibilización co coidado e a mellora do medio natural, do mar, un coñecemento do medio que nos rodea, da ecoloxía, das enerxías renovables, os recursos e os produtos costeiros da zona.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Achegamento á nosa comunidade da cultura mariñeira, do coñecemento dos nosos recursos e da sensibilización no desenvolvemento sostible e no respecto ao medio mariño dende pequenos.
A formación dos nenos nunha educación ambiental e conciencia ecolóxica.
Realización dun proxecto educativo orientado ao coñecemento da zona costeira da Mariña Ortegal.
Posta en marcha de un centro de ocio na zona de Mariña que implanta una metodoloxía para achegarlles ós nenos o sector do mar, una educación ambiental con especial incidencia no eido mariño, a necesidades de reciclaxe dos residuos mariños e o coñecemento dos recursos naturais.
Posta en valor, para o seu futuro mantemento por parte das novas xeracións, das nosas tradicións mariñeiras, artes da pesca, traballadoras do mundo do mar, etc.
Obtención dun curso evolutivo positivo no desenvolvemento dos menores, con incidencia na cultura medioambiental, recursos mariños e tradicións mariñeiras.
Promoción e divulgación dos produtos pesqueiros e marisqueiros reforzando as súas calidades diferenciais.
Sensibilización e formación acerca das garantías nutricionais do peixe saudable e o seu consumo responsable, das diferentes artes de pesca e dos oficios relacionados co mar.
Sensibilización no coidado e respecto ao medio mariño.
Creación de redes colaboradoras con entidades para realización de obradoiros cós nenos. Aproveitar sinerxías entre entidades deportivas pesqueiras e confrarías para fomentar iniciativas de colaboración na zona costeira, especialmente na Mariña Lucense.
Creación de emprego directo (1ETC) e mantemento do posto de traballo como autónomo da promotora.
Crecemento económico do concello de Ribadeo e diversificación da economía local.
Acondicionamento local
Adquisición de equipamento diverso ( mobiliario, ferramentas, xogos...)
1.-Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
1.1.- Consolidar o posicionamento do produto pesqueiro da Mariña-Ortegal como o eixe central sobre o que se orienta a estratexia.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)