Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Xornada de valorización do patrimonio cultural inmaterial e da cultura marítima do territorio do GALP A Mariña-Ortegal

Actividade de  dinamización do GALP A MARIÑA ORTEGAL que pretende reforzar a gobernanza e cooperación entre os diversos sectores e promover a mellora na promoción dos nosos recursos, da nosa cultura marítima e do noso patrimonio cultural inmaterial.

No seo da Cofraría de Pescadores de Cedeira celebraremos unha mesa participativa o próximo venres día 8 de abril co fin de conectar a diversos axentes do mar e da cultura mariñeira e transferir coñecementos para avanzar cara o futuro e valorización do noso patrimonio e cultura marítima.

A proposta realizarase a través de mesas participativas, moderadas polo experto D. Ramón Rivas Villares, presidente da Asociación mar de San Ciprián e Directivo do GALP A Mariña-Ortegal, no que se crearán espazos de diálogo para acadar unha reflexión conxunta partindo da experiencia de cada un dos participantes e así poder extraer información cualitativa para a posta en valor e activación da nosa cultura marítima.