Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Campaña #QuedaCoNosoMar, Entrevista a Ángeles Mille, Presidenta das Redeiras Artesás O Fieital de Malpica.

Ángeles Mille

Campaña #QuedaCoNosoMar, Entrevista a Ángeles Mille, Presidenta das Redeiras Artesás O Fieital de Malpica.

 

1.Igual que sucede noutras actividades, a crise provocado polo Covid-19 é complicada para o sector. Como afronta esta situación?

Estamos traballando con dificultades para que os barcos podan saír ó mar. Por outra banda, estamos a ter problemas coa provisión de materiais que precisamos para levar a cabo o noso traballo.

 

2.No voso caso faise complicado cumprir coas normas de distanciamento e seguridade que esixe o estado de alarma.

Intentamolo, pero hai momentos na xornada en que non podemos cumprir coas normas de seguridade, manter as distancias de seguridade e imposible.

 

3.Cal considera que é a importancia do sector do mar e, mais concretamente, da súa actividade, para a sociedade e a economía local?

 

Si as redeiras non traballamos, os barcos non poderían saír a faenar. Somos parte esencial do sector do mar, aínda que non se nos catalogue, nin recoñeza dentro da Lei de Pesca, e por o tanto, non poidamos acceder a axudas dirixidas o sector.

 

4. Por que é importante o labor da xente do mar?

Para min é importante e necesaria porque vivimos do mar, a nosa costa sen a pesca perdería todo o atractivo. Na nosa costa traballamos moitos homes e mulleres para levar o peixe do mar ao prato.