Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Convocatoria e orde de axudas

PE155A - Axudas autonómicas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativas Axudas para proxectos EDLP

DOCUMENTACIÓN NECESARIA 

 

  1. Solicitude de axuda. Presentación electrónica, procedemento PE155A: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PE155A (pestana presentación e tramitación en liña)
  2. Certificación do órgano competente na cal se especifique o acordo polo cal se lle concede autorización para formular a solicitude ao asinante dela. NIF do solicitante e do representante, no caso de persoas xurídicas.
  3. Certificación do órgano competente en que se acredite o desempeño actual do cargo, no caso de persoas xurídicas.
  4. Declaración responsable sobre a aplicación da normativa en materia de accesibilidade para persoas con discapacidade conforme o anexo I.bis,  procedemento PE155A da sede da Xunta, na seguinte ligazón:  https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PE155A

Na seguinte ligazón dispoñemos dunha guía dos ámbitos normativos que nos pode ser utilidade para comprobar a tipoloxía de actuacións afectadas: https://galp.xunta.gal/costa-da-morte/guia-de-ambitos-normativos-accesibilidade

  1. Memoria e orzamento do proxecto para o cal se solicita subvención segundo modelo que figura na páxina web dos Galp https://galp.xunta.gal/presentacion-de-proxectos (memoria de proxecto PE155A).

Aos efectos de cumprimentar o apartado 4.1.1 do modelo memoria, debemos observar Obxectivo Estratéxico, Obxectivo Específico, Actuación e Medida aprobado na EDLP nas que encaixaría o noso proxecto. Na seguinte ligazón podemos descargar o cadro resumo de todas as medidas: https://galp.xunta.gal/costa-da-morte/cadro-de-medidas-edlp-galp-costa-da-morte

  1. Plan Económico segundo modelo PE155A  que se pode descargar na páxina para o cal se solicita subvención segundo modelo (plan económico PE155A) que figura na páxina web dos Galp: https://galp.xunta.gal/presentacion-de-proxectos
  2. No caso de investimentos de carácter material que se localizan ou realizan fóra de solos urbanos ou urbanizables ordenados ou sectorializados, localización cartográfica (planos sobre mapas) e xeorreferenciación, incluíndo as superficies ocupadas pola actuación e tamén as zonas de obtención de recursos naturais e zonas de vertedura de augas residuais ou retornadas ou de residuos. No caso de que a instalación ou actuación fose móbil, concretarase o seu rango de mobilidade.
  3. Orzamento ou factura pro forma de cada concepto de gasto para o que solicita subvención: Deberán xuntarse como mínimo 3 ofertas (para todos os gastos para os que solicita axuda con independencia do seu importe) de diferentes provedores (deben relacionarse na folla excel do modelo de plan económico) no momento da solicitude de axuda, xunto co escrito de solicitude de orzamento enviado ás tres ou máis empresas (“diferentes”, isto é, non vinculadas), coa descrición de detalle, que debe ser común e idéntica en todos os seus extremos. Os tres orzamentos presentados teñen que coincidir en conceptos para facilitar a súa comparación.

No caso de que se aplique a excepción de imposibilidade ou inconveniencia  “polas especiais características” do produto, obra ou servizo, achegarase un informe de técnico independente con cualificación bastante no que se xustifique a razón da dita excepcionalidade.

Como excepción, as entidades públicas locais poderán documentar a elección da oferta máis vantaxosa xunto coa solicitude de pagamento, para o que achegarán unha certificación das propostas ou ofertas recibidas para a contratación de que se trate, xunto coa resolución ou acordo de adxudicación definitiva.

  1. Acreditación do IVE soportado non recuperable polo promotor, se é o caso.
  2. Informe de técnico competente que garanta a protección dos investimentos fronte ao cambio climático dos investimentos en infraestruturas cuxa vida útil sexa como mínimo de cinco anos. O informe terá en conta a definición de protección fronte ao cambio climático establecida no artigo 2.42 do Regulamento (UE) 2021/1060, e analizará a mitigación do cambio climático (neutralidade climática) e a adaptación a el.
  3. No caso de proxectos que requiren a realización de obra, polo menos o 70 % (en peso) dos residuos de construción e demolición non perigosos (excluíndo o material natural mencionado na categoría 17 05 04 na Listaxe europea de residuos establecida pola Decisión 2000/532/EC) xerados na execución do proxecto prepararanse para a súa reutilización, reciclaxe ou recuperación doutros materiais, incluídas as operacións de recheo, utilizando residuos para substituír outros materiais, de acordo coa xerarquía de residuos e o Protocolo de xestión de residuos de construción e demolición da UE.
  4. De ser o caso, presentar a declaración de impacto ambiental (DIA) do proxecto favorable á súa execución ou o informe de impacto ambiental favorable do proxecto, segundo se trate de avaliación de impacto ambiental ordinaria ou simplificada, respectivamente. As condicións deberán ser tido incorporados ao proxecto, de ser o caso.
  5. Autorización, no caso de que se inclúan actuacións dentro do ámbito de aplicación do Real decreto 79/2019, do 22 de febreiro, polo que se regula o informe de compatibilidade e se establecen os criterios de compatibilidade coas estratexias mariñas.
  6. Informe ambiental ou solicitude de informe ante os órganos competentes no caso de zonas incluídas na Rede Natura 2000, áreas mariñas protexidas ou espazos naturais protexidos.
  7. Autorización do organismo correspondente conforme o Real decreto 907/2007, do 6 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de planificación hidrolóxica, ou, na súa falta, a solicitude ante o órgano competente, no caso de actuacións que supoñan modificacións hidromorfolóxicas de masas de auga.
  8. Solicitude ou autorización en materia de recollida de residuos e xestión de refugallos xerados ou solicitude de autorización no caso de investimentos e novas instalacións ou ampliacións.
  9. Autorización ou informe favorable, ou, na súa falta, solicitude ante o órgano competente no caso de construcións que deban ser compatibles coas normas e directrices de espazos naturais, paisaxe ou patrimonio cultural.
  10. Autorización ou informe favorable da Administración competente no devandito patrimonio, ou, na súa falta, solicitude ante o órgano competente, no caso de actuacións de conservación, divulgación ou posta en valor de elementos do patrimonio cultural.
  11. Autorización no caso de que a norma expresamente o recolla ou, na súa falta, solicitude ante o órgano competente, no caso de actuacións prohibidas pola normativa de protección de recursos pesqueiros, medio mariño, espazos protexidos ou biodiversidade.
  12. De tratarse dun proxecto de investimento para a execución dunha actividade económica, declaración censual de alta no censo de empresarios, profesionais e retedores (modelos 036/037), ou certificación da exención, de ser o caso, do imposto sobre actividades económicas (IAE).
  13. Documentación acreditativa da condición de pequena e mediana empresa (peme).
  14. No caso dos proxectos en que se prevexa a creación de emprego, achegarase informe da Seguridade Social das persoas traballadoras en alta na data da solicitude.
  15. Anexo II A), no caso de persoas físicas, que se pode descargar no procedemento procedemento PE155A da sede da Xunta, na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PE155A (pestana presentación, cara abaixo na páxina, apartado “anexos asociados”)
  16. Anexo II B), no caso de persoas xurídicas, que se pode descargar na páxina do procedemento PE155A da sede da Xunta, na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PE155A (pestana presentación, cara abaixo na páxina, apartado “anexos asociados”)
  17. Copia das contas depositadas no rexistro mercantil correspondentes ao último ano do solicitante e de todas aquelas nas que participa e/ou está participada en máis dun 25 % por outras empresas.
  18. Copia da escritura de constitución ou dos estatutos da entidade inscritos no rexistro correspondente, ou ben nota simple do Rexistro Mercantil. A actividade en que consista o proxecto presentado para a solicitude de axuda deberá estar incluída no obxecto social da persoa xurídica solicitante con anterioridade á data da solicitude.
  19. Proxecto técnico de execución valorado, se é necesario:

Nos supostos de operacións que inclúan un acto de edificación ou calquera outra actuación das sometidas a licenza urbanística municipal, deberá presentarse proxecto técnico completo e valorado redactado por técnico competente.

Nos supostos de operacións que inclúan actos de edificación, intervencións en edificios existentes ou uso do solo e subsolo sometidos ao réxime de comunicación previa para o seu control municipal, deberá presentarse unha descrición técnica das características do acto de que se trate ou, de ser o caso, proxecto técnico legalmente exixible, de conformidade co establecido no artigo 361.1.b) do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia; en ambos os casos, con medición desagregada por partidas e prezos unitarios delas.

O proxecto técnico ou a descrición técnica, segundo o caso, axustaranse á normativa vixente en materia de accesibilidade.

No caso de proxectos de obras con orzamento total de execución superior a 100.000 €, o GALP deberá solicitar unha valoración previa por perito independente. No caso de proxectos tecnolóxicos ou informáticos con custo superior a 10.000 €, será precisa unha valoración económica de perito independente.

  1. No caso de que o proxecto o requira, o promotor deberá acreditar a capacidade legal do uso e desfrute ou propiedade dos bens relacionados co proxecto. A acreditación deberá realizarse mediante escritura pública de compravenda ou cesión, certificado de titularidade do rexistro da propiedade, contrato de alugamento con xustificante do depósito de fianza ante o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), documento acreditativo de expropiación administrativa ou concesión/autorización administrativa no caso de que as actuacións previstas no proxecto se realicen sobre dominio público.
  2. Libro de familia en que figuren todos os membros da unidade familiar e/ou documentación acreditativa do parentesco e documentación que acredita a condición de mariñeiro, de ser o caso.
  3. Certificacións acreditativas de estar ao día no pagamento das súas obrigas tributarias co Estado, coa comunidade autónoma e coa Seguridade Social. Non serán necesarios no caso de que se autorice na solicitude a súa consulta.
  4. Declaración responsable asinada (modelo libre) polo representante da entidade solicitante, na que se indique que o promotor cumpre co establecido no o artigo 27.7 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia e non ten vinculación coas empresas ás que corresponden os orzamentos presentados no procedemento de solicitude de axuda.
  5. Licenzas, permisos e autorizacións necesarias para a execución do proxecto.
  6. Acreditación da capacidade financeira do promotor para executar o proxecto. Un dos medios pode ser informe de solvencia da entidade financeira.
  7. Os proxectos para investimentos, salvo os que non se amparen no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión de axudas de minimis, exixirase a creación, como mínimo, dun posto de traballo a tempo completo (1 UTA).
  8. No caso de creación de emprego, obrigatorio se é de aplicación o punto anterior: Compromiso de Creación de Emprego segundo modelo que se pode descargar na seguinte ligazón: https://galp.xunta.gal/costa-da-morte/modelo-compromiso-emprego
     

    . Valorarase vinculación co sector pesqueiro, neste caso deberase aportar:

•  Libro de familia

•  Documentación acreditativa condición de pescador / mariscador / acuicultor do familiar

•  Informe da Seguridade Social de vida laboral do familiar do sector pesqueiro.

  1. Aos efectos da súa posible valoración, compromiso (modelo libre) de utilización materias primas, provedores e man de obra da zona, de ser o caso.
  2. No caso de proxectos con actividade económica con fins de lucro, declaración Cumprimento Periodo Medio de Pago a Provedores: https://galp.xunta.gal/costa-da-morte/declaracion-responsable-cumpriment...
  3. No caso de proxectos que non supoñan a realización dunha actividade económica, deberán xustificar a sustentabilidade económica do proxecto, isto é, que como se vai garantir o mantemento dos investimentos durante o período exixible (de acordo co artigo 65 do Regulamento ue 2021/1060). As entidades públicas locais, achegarán un informe xustificativo emitido polo órgano competente.
  4. No caso de solicitudes formuladas conxuntamente, deberá incluírse a documentación das letras a), e), i), r), s) e t)) do punto 1 do artigo da orde de axudas por cada un dos solicitantes. Ademais, engadirase:

a) Un acordo de nomeamento do representante ou apoderado único para os efectos da subvención, asinado polos representantes de todas as entidades solicitantes.

b) A distribución dos compromisos que corresponda executar a cada unha das persoas solicitantes, así como o importe da subvención solicitada para cada un deles.

c) Declaración responsable de cada unha das persoas, de acordo co anexo III. https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PE155A (pestana presentación, cara abaixo na páxina, apartado “anexos asociados”)

d) Anexo IV: pluralidade de persoas solicitantes. https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PE155A (pestana presentación, cara abaixo na páxina, apartado “anexos asociados”)

IMPORTANTE: A lista non é taxativa e deberá achegarse toda a documentación necesaria e actualizada segundo o establecido na Orde de axudas e normativa vixentes e cada momento.