
O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro A Mariña-Ortegal celebrou este mércoles 21 de setembro, na Confraría de Pescadores de Celeiro (Viveiro) a Asamblea Xeral Extraordinaria na que se APROBOU a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo para o período de programación 2023-2027 do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (FEMPA), que marcará os obxectivos e liñas de financiamento para a zona pesqueira.
Entre os obxectivos desta estratexia están o aumento do valor engadido, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, a atracción da mocidade e promoción da innovación en todas as fases da cadea de producción e suministro dos produtos da pesca e acuicultura. Tamén se busca o reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos e actividades marítimas locais.
Con esta fase final ponse fin a un proceso de traballo de catro meses de traballo para elaboración desta EDLP, que destacou pola elavada participación cidadá nas reunións celebradas.
O GALP A Mariña-Ortegal agradece as e os participantes a súa implicación e contribución ao desenvolvemento do noso territorio.