
O promotor deste proxecto ofrecerá ao mercado un produto integral de sinalización de aqueles recursos naturais (praias, pistas na costa, miradoiros, rochas do mar…) con gran valor turístico e que poden ser visitados mediante a práctica dalgunha actividade deportiva (kaiak, padlesurf, vela, btt, sendeirismo…). E un proxecto integral porque contempla tódalas fases da produción do produto:
1. Diagnose dos recursos naturais máis relevantes;
2. Estratexia para o desenvolvemento dun produto turístico;
3. Deseño de imaxe e contidos de texto e fotografía;
4. Produción e colocación de sinais e paneis;
5. Marketing online para a promoción.
Para este proxecto precisarase adquirir equipos informáticos, GPS e un vehículo adecuado para o traballo de campo, crear unha imaxe corporativa e unha web para a promoción dos servizos que se ofertan.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Conseguir unha sinalización sostible no territorio, harmónica, homoxénea que respecte as normas sectoriais de aplicación.
- Poñer en valor para a práctica deportiva os recursos naturais máis significativos dende un punto de vista turístico.
- Incrementar o número de turistas, así como a súa estancia media grazas á práctica de actividades deportivas nestes espazos.
-Dotar ao territorio dunha sinalización homoxénea (procurarase que a imaxe e materiais empregados garde unha coherencia aínda estando en municipios diferentes. Ademais, a aplicación do Manual de sinalización turística da Xunta de Galicia en tódolos nosos proxectos, tamén contribuirá a dita homoxeneidade)
-Visualización dos recursos naturais singulares do territorio para o turismo mediante a práctica dalgunha modalidade deportiva (O turismo experiencial, no que se sitúa o turismo deportivo está tendo cifras de crecemento superiores ao turismo convencional, por iso, a posta en valor destes recursos orientados á práctica deportiva fará que sexan máis visibles.
-Incremento do turismo (derivado da posta en valor dos recursos naturais e a creación por outros axentes, de novos produtos de turismo experiencial)
-Fortalecemento das actividades de turismo activo (as empresas de turismo activo terán máis recursos para facer novas actividades).
-Creación de emprego: está previsto crear un emprego temporal (0,5 ETC).
- Adquisición do material e equipamento necesario.
- Implementación da imaxe e soportes web.
- Acción comercial e posicionamiento.
- Promoción.
- Vendas.
2. Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.
2.2 Crear e consolidar unha imaxe de marca do territorio A Mariña-Ortegal.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)