Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

TURISMO INDUSTRIAL NA COSTA DA MORTE

Créase un espazo expositivo permanente dentro do complexo de Industrias Cerdeimar, poñendo en valor a entreplanta, que quedou en desuso, da fábrica máis antiga da conserveira.

Trátase dun proxecto de turismo industrial que mostra unha parte primordial da vida económica e social: a súa propia esencia vinculada ao mar, da poboación de Camariñas. Complementa e proporciona alternativas a outras fórmulas de turismo convencional, posibilita a diversificación do sector pesqueiro e pon en valor o patrimonio material e inmaterial asociado ao mundo do mar e xente mariñeira.

Como punto de partida, disporá dunha sala central como escenario principal. O visitante fará un recorrido pola historia da conserveira, contemplará in situ máquinas antigas restauradas e será testemuña directo de como o progreso foi transformando a industria dende os seus inicios ata actualidade. Deseñouse no lateral unha pasarela acristalada que servirá como expositor da actual actividade da conserveira. Contarase co apoio de información gráfica combinada con experiencias audiovisuais e estará orientado a mostrar os aspectos máis importantes sobre a industria conserveira, a súa tradición, así como  outros contidos relacionados co mar, o traballo das mariscadoras, os produtos do mar e a súa transformación.

Coa idea de ofrecer xornadas técnicas, gastronómicas, seminarios e eventos de distinta índole, dispón de dúas salas contiguas dotadas con una pequena cociña e equipadas para recibir a grupos.

Outra parte importante do proxecto será a súa tenda gourmet, que disporá tamén dunha plataforma para a venta online dos produtos elaborados de alto valor engadido, principalmente da Ría de Camariñas.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Industrias Cerdeimar, S.L.
Datos de interese: 
www.cerdeimar.com
Perfil empresarial: 
Sociedade Limitada
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
ORDE do 24 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desen
Convocatoria - ano: 
2016
Data de aprobación: 
10/10/2016
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
12
Anualidades: 
2016-2017
Data fin de execución: 
31/10/2017
Ámbito de aplicación: 

CAMARIÑAS

 
Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
389.871,74
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
383.065,14
Total axuda pública aprobada (€): 
180.040,62
% Subvención: 
47
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
153.034,52
FEMP (%): 
85
CA (€): 
27.006,09
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
2
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
0
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Mellora da competividade e sustentabilidade de industria conserveira, mellora da imaxe da conserva e os produtos do mar e a sua posta en valor como recurso turístico.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Creación de proxecto de turismo industrial, creación de 2 empregos e mellora da competitividade e sustentabilidade da empresa.

Principais actividades do proxecto: 

Turismo industrial: Proxecto que se incorporará dentro das rutas e actividades de Turismo   Industrial da provincia promovido pola Deputación de A Coruña.

Tenda gourmet e online e degustación de produtos: Venda directa de produtos de gama alta da conserveira con materia prima da Ría de Camariñas e degustación no museo.

Formación e Exposición: Conxunto de actividades orientadas a formación e visitas guiadas con escolares, empresas, grupos e público en xeral.

Organización de eventos: Realización de actividades singulares, premios, xornadas e presentacións de carácter puntual, orientados a poñer en valor o patrimonio material e inmaterial que o proxecto mostra.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

2. Competitividade Sostible das actividades relacionadas co Mar

Obxectivo específico da EDLP: 

2.2. Compatibilización do aprovecitmento dos elementos medioambientais e patrimoniais para a diversificación

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)