
O proxecto está baseado na creación dun espazo que poida albergar artesanía, natureza e gastronomía. A creación artística con materiais reciclados xerando a concienciación sobre o cuidado do medioambiente, a sensibilización sobre a protección dos océanos e valorización dos produtos mariñeiros locais. Ademais, o coñecemento do traballo das redeiras e a búsqueda de novas aplicacións dos coñecementos perpetuará e dignificará a profesión.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O obxectivo xeral do proxecto e a creación dun espazo no que, por medio da expresión artística, poñer en valor unha comunidade costeira, compartindo espazo con artistas procedentes doutros lugares, o emprego de recursos procedentes das basuras mariñas que pretende visibilizar a cantidade dos mesmos, a creación dunha comunidade entorno aos produtos obtidos polos pescadores da zona e que fomente o coidado do medioambiente e a concienciación social sobre o cambio climático. Outro punto vital do proxecto e a revalorización da profesión das redeiras, e a súa colaboración no proxecto como diversificación da súa profesión e co obxectivo de facilitarlles un fin de ciclo para os seus productos que fagan o seu labora sostible.
Tamén ten como obxectivos:
- Creación dun produto innovador que poña en valor o patrimonio marino do territorio, fomentando o coñecemendo da Costa Ártabra a nivel nacional e internacional. Turismo sostible e inclusivo.
- Coñecemento e exaltación da cociña atlántica potenciando o produto local, consumo responsable e de cercanía.
Os resultados esperados son os seguintes:
- A visualización da abundancia de residuos mariños procedentes da actividade pesqueira, a partir das obras de arte realizadas, espérase que aumente a concienciación social sobre o volume e efectos dos residuos de artes de pesca e a necesidade de cambiar os nosos hábitos con respeto ao coidado do medioambiente, reducindo de esta maneira o abandono de artes de pesca e aumentando o seu uso de forma sostible.
- Participación das redeiras na elaboración de tapices permitirá unha aportación á economía local, dignificará e porá en valor os coñecementos dun sector casi oculto no engranaxe pesqueiro. Dar a coñecer e poñer en valor o traballo das redeiras como especialistas e creadoras.
- Realización dos cursos de gastronomía impartidos por cociñeiros/as do territorio fortalecerá o crecemento económico deste sector.
- Realización dos cursos de cociña baseados no produto mariño local, porá en valor o consumo de km 0 formentando a compra de produtos mariños.
- Divulgación das obras artísticas que mellorará o patrimonio mariño do territorio poñendo en valor o interese turístico da zona.
As principais actividades que se van a realizar son as seguintes:
- Creación de tapices e alfombras con redes mariñas recuperadas. Unha parte do proxecto consiste na recuperación das redes de pesca en desuso de confrarías de pescadores e centros de recollida de redes, o seu procesado e posterior conversión de grandes tapices e alfombras artísticas.
- Cursos e seminarios sobre cociña atlántica de proximidade, reciclaxe, arte e natureza, compromiso ambiental e sostibilidade. O estudo terá unha cociña industrial entorno á cal virán cociñeiros/as a compartir os seus coñecementos sobre a cociña atlántica e de proximidade. Organizaranse cursos e seminarios nos que se poña en valor a cociña cos produtos mariños de proximidade, fomentando a cultura do km 0 e ensalzando a rica cultura gastronómica do territorio. Quere que o público coñeza as grandes posibilidades de ofrecer a materia prima galega unindo novas técnicas de preparación: facer a cociña accesible e agradable. Faremos cursos con produtos de agricultura ecolóxica da zona, dando visibilidade aos produtores locais e promovendo unha alimentación de calidade. Aprender a apreciar e preparar o produto locar e o primeiro paso para fomentar o consumo sostible e de proximidade.
- Residencia artística Enmalle, formando parte da Rede Internacional de Residencias. As estancias en residencias están pensadas para diseñadores e creadores de distintas disciplinas que precisen de alugar un estudo por horas, días ou meses. Na provincia de A Coruña non hai espazos de creación conxunta para artistas ou deseñadores prásticos. Este tipo de creatividades requiren grandes espazos, zonas interiores e exteriores. En Enmalle Studio quérese ofrecer un espazo con tódalas facilidades para a creación artística. O estudo contará con 3 dormitorios/estudo adicados para aloxar a artistas do territorio ou de fora del. Estas residencias estarán abertas ao público en xeral e promovidas a través da páxina www.localizart.es do Ministerio de Cultura. Serán ofrecidas tamén a fundacións e institucións para entrar a formar parte da súa programación cultural e educativa.
Obxetivo estratéxico 4: Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras.
Obxectivo específico 4.1: Incrementar sustancialmente o patrimonio cultural recuperado valorizado, contribuíndo o reforzo da identidade territorial, a proxección internacional e a dinamización social e turística.
Liña de actuación 4.1.2: Reforzar a proxección e a identidade do Golfo Ártabro Sur a través da posta en valor do seu patrimonio mariñeiro.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)