Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O Concello de Sada presentou EMPREAMAR un programa formativo para fomentar a posta en marcha de negocios que xeren riqueza nas áreas costeiras

A mañá do xoves 30 de xaneiro na lonxa do porto de Sada presentouse na lonxa do Porto de Sada EMPREAMAR, un programa formativo, que conta coa financiación do GALP Golfo Ártabro Sur, orientado ao aproveitamento sostible dos recursos mariños do territorio do GALP Golfo Ártabro Sur, especificamente no entorno do Concello de Sada.

EMPREAMAR é un programa de xeración de coñecemento, formativo e de titorización, asesoramento e acompañamento a persoas emprendedoras orientado ao aproveitamento sostible dos recursos mariños materiais e inmateriais do territorio do GALP Golfo Ártabro Sur, especificamente no entorno do concello de Sada.

O proxecto está promovido polo Concello de Sada, financiado polo GALP Golfo Ártabro Sur e nel colaboran a Cofradía de Pescadores de Sada e o Campus do Mar da Universidade de A Coruña.

Esta presentación foi levada a cabo polo presidente do GALP Golfo Ártabro Sur Alberto L. Castro García e o alcalde de Sada Benito Portela Fernández, que comentaron a importancia do crecemento local e o desenrolo do mundo do mar que poden producir estes novos emprendedores. Ademais tamén resaltaron a importancia e urxencia que ten o relevo xeracional no sector pesqueiro.