Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O GALP Golfo Ártabro Sur convoca o I Concurso online de fotografía “Ollando cara ao mar”

Os interesados poden participar con ata 5 imaxes da zona costeira da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada.

A recepción das imaxes estará aberta ata o 27 de xullo e a votación levarase a cabo en Facebook na primeira quincena de agosto.

Os tres premios son saídas en veleiro patrocinadas por Cadenote, Altavela e a Escola Náutica de Sada (ENSA). 

Coincidindo co Día Mundial dos Océanos, o GALP Golfo Ártabro Sur convoca o I Concurso online de fotografía dixital “Ollando cara ao mar” que ten por obxectivo poñer en valor o seu territorio de actuación a través de todas as miradas e sensibilidades. Así mesmo, en liña con esta efeméride da ONU, a entidade tamén quere recordar o importante papel dos océanos na nosa vida cotiá e na xeración de riqueza. Son os pulmóns noso planeta, unha fonte importante de alimentos e de medicinas e unha parte fundamental da biosfera. 

Durante case dous meses, desde hoxe 8 de xuño, e ata o 27 de xullo, os interesados poderán enviar ata un máximo de 5 imaxes dixitais tomadas en calquera punto do territorio do GALP Golfo Ártabro Sur, que abarca os concellos da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada. En total, uns 80 quilómetros de litoral. 

As fotografías deben gardar relación co ámbito costeiro: pesca, zonas portuarias, embarcacións, oficios do mar, acuicultura, arquitectura costeira, praias, paisaxes emblemáticas, natureza, etc. Deberán ser inéditas, orixinais e non ter sido premiadas en otros concursos. Outros requisitos técnicos é que teñan un tamaño mínimo 1280 x 972 píxeles e 300 ppp de resolución. 

O correo electrónico para recepción das imaxes é golfoartabrosur@gmail.com indicando no asunto “I Concurso de fotografía Golfo Ártabro Sur – Ollando cara ao Mar”. 

Datos de envío

As fotografías acompañaranse da seguinte información:
- Nome e apelidos e non de DNI ou documento acreditativo da identidade do participante.
- Teléfono de contacto.
- Correo electrónico.
- Relación das fotografías que presenta.
- Lugar de realización de cada unha das fotografías.
- O nome do arquivo deberá nomearse da seguinte forma, o primeiro apelido e o nome do autor e continuar co lugar que apareza na fotografía, ambos os separados por un guion baixo. Exemplo: Fernandez_Laura_ PlayaMorazon

Votación pública en Facebook

A votación realizarase en aberto no Facebook do @galpartabrosur entre o 1 de agosto ata o 17 de agosto ata as 13.00h, resultando gañadora a que sume máis “gústame”. O fallo do concurso publicarase na páxina web do GALP Golfo Ártabro Sur (https://galpgolfoartabrosur.blogspot.com), nas súas redes sociais e comunicarase por correo electrónico ao gañador.

Tres premios para gozar co ocio náutico

Os tres galardóns do concurso están patrocinados polas empresas de ocio náutico locais Cadenote, Altavela e Escola Náutica de Sada (ENSA). Así, o primeiro premio será un curso de vela práctico na ría de Betanzos para unha persona, que consiste en 4 salidas en veleiro cunha duración de 3 horas cada unha. 

O segundo será unha excursión, tamén en en veleiro polo litoral do Golfo Ártabro para 2 persoas de 3 horas de duración. O último e terceiro premio será un bautismo de vela tamén polo noso litoral para unha persoa.

Consultar aquí as bases legais >> https://drive.google.com/file/d/1kk1SndvqscktH8Haq4XiRZ1JImmOnicE/view?usp=sharing