Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O proxecto colaborativo “Bitácoras do mar” coñece o que se move no teu territorio

Este proxecto de cooperación busca visibilizar o papel dos grupos de acción local do sector pesqueiro.

Participan os territorios dos GALP Golfo Ártabro Norte, Golfo Ártabro Sur, Costa Sostible, Ría de Arousa e Ría de Pontevedra.                                                                        

O proxecto Bitácoras do Mar, permitirá coñecer os logros acadados polos GALP na aplicación das Estratexias Desenvolvemento Local Participativo, e a súa contribución ao desenvolvemento das zonas costeiras e á promoción de iniciativas ligadas ao crecemento azul.

A fase inicial de Bitácoras do Mar céntrase na posta en valor daqueles proxectos significativos e que son considerados “boas prácticas” e referentes de iniciativas nos territorios costeiros. Para iso, lanzamos o concurso no que o público pode participar na elección da iniciativa que considera máis destacable.

Bitácoras permite coñecer con detalle os proxectos, pero tamén ás persoas e entidades que os puxeron en marcha e poderemos afondar nas características ou criterios que fan que as iniciativas elixidas destaquen pola súa singularidade e valor diferencial en relación aos obxectivos da economía azul.

Podes participar do concurso votando os proxectos do GALP Golfo Ártabro Sur:

GALP Golfo Ártabro Surhttps://i.gal/Concurso-Bitacoras-GALP8

E tamén os dos outros territorios:

GALP GOLFO Artabro NORTE https://i.gal/Concurso-Bitacoras-GALP2

Galp Costa Sostiblehttps://i.gal/Concurso-Bitacoras-GALP4

Galp Ría De Arousahttps://i.gal/Concurso-Bitacoras-GALP5

GALP Ría de Pontevedrahttps://i.gal/Concurso-Bitacoras-GALP6