Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Reunións para elaboración da nova Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP)

A mediados de xullo, no GALP Golfo Ártabro Sur comezamos as reunións para a construción da nosa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP). Todos os encontros están abertos á cidadanía co obxectivo de trazar unha folla de ruta colaborativa e integradora que recolla o máximo de ideas e necesidades e beneficie a todo o noso territorio de actuación. 

A Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) é un documento que vai a orientar a aplicación do novo Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e da Acuicultura (FEMPA) para o período 2021-2027. Os GALP de Galicia imos colaborar coa Consellería do Mar na súa posta en marcha e para isto, antes estamos traballando desde a base achegando ideas. 

Neste sentido, o sector pesqueiro, as institucións, as entidades sociais e a cidadanía poden identificar cales son as necesidades do noso territorio e definir os retos e liñas de actuación para mellorar a situación da zona costeira entre Bergondo, Sada, Cambre, Culleredo, Oleiros, A Coruña e Arteixo. Despois, definiremos as iniciativas que queremos para o noso territorio. 

Como e cando participar?

O proceso está aberto a todas as persoas en reunións presenciais e virtuais seguindo este calendario: 

  • Venres, 15 de xullo | Casa do Mar | Sada (sede do GALP) | 18-20.30h (realizada)
  • Venres, 29 de xullo | Xuntanza en liña | 10h

Así mesmo, tamén se poden facer suxestións a través do seguinte formulario: https://forms.gle/7y3GHCoyZ1MsAX4H8 e no correo maraberto.edlp@gmail.com