
Adquisición de 10 kaiaks para ofertar no territorio unha actividade consistente en percorrer a pe as sendas costeiras entre as poboacións de Cabanas e Redes e facendo o camiño inverso navegando en kaiak ata a praia da Magdalena en Cabanas.
Celebración de dous eventos deportivos:
“A Liga Galega de Kaiak de Mar”, Campionato galego onde participan máis de 400 remeiros. Agosto de 2016.
“Regata Amigable de inverno”, onde participan deportistas federados de oito anos en adiante dos Clubs de Piragüismo de toda Galicia. Xaneiro 2017.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Ampliar a oferta turística de actividades recreativas, acuáticas e subacuáticas como complemento ás actividades mariñeiras. Incremento da oferta de servizos dentro do sector do turismo mariñeiro e os vinculados ao mar e á terra, para ofrecer experiencias integrais e desestacionalización do turismo.
Dar a coñecer o litoral do Golfo Ártabro Norte. Incremento de visitantes no territorio que buscan unha nova alternativa no territorio, sen renunciar ás clásicas actividades de sendeirismo, turismo de Praia, gastronomía… Tanto as rutas como as regatas organizadas teñen ampla repercusión no territorio debido ao número de visitantes que atraen, sendo o sector hostaleiro e o da restauración os que máis se benefician do impacto directo positivo que se produce nos días que se realizan estas actividades. Un dos eventos celébrase no mes de xaneiro, para contribuír a promocionar o territorio como posible destino turístico nos meses de inverno, co fin de desestacionalizar o turismo, en incremento dunha economía sólida para o territorio. |
Compra de 10 kaiaks para ruta combinada de sendeirismo e práctica de kaiak de mar. Organización de dous eventos deportivos relacionados co mar no territorio.
Potenciar o xurdimento dunha oferta completa e de calidade vinculada á actividade mariñeira na zona, a súa cultura e as súas tradicións; Promover o asentamento de novas iniciativas emprendedoras de turismo vinculado ao medio mariño e ao seu entorno; Impulsar os servizos vinculados ao Camiño de Santiago; Coidado do medio natural e mariño.
2.1. Impulsar o turismo mariñeiro e relacionado co mar para convertelo nun novo motor económico de primeira magnitude no territorio. |
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)