
Posta en marcha de “Ares Descobre”, unha nova iniciativa coordinada polo Concello de Ares e que centrará os seus esforzos na organización de múltiples experiencias para poñer en valor o medio ambiente e o patrimonio ligado ao mar. O Ares Descobre terá como último propósito a concienciación sobre a necesidade de preservar a contorna natural e patrimonial, así como divulgar as circunstancias que rodean ós oficios do mar aínda en vigor.
Este proxecto contempla certo grao de interacción coa veciñanza, rememorando lendas ou anécdotas e achegando datos ou materiais históricos. A maiores, tamén se colaborará coa asociación Bimares, entidade aresán moi proactiva na execución de sendas de valorización do patrimonio municipal, que permitirá acceder a públicos interesados nas próximas rutas. Todos os contidos xerados estarán dispoñibles na web do Concello, mais tamén no perfil de Wikiloc municipal: a estrutura actualizarase paulatinamente nos próximos meses con contidos textuais, sonoros e fotográficos.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Promover a oferta de experiencias e actividades que poñan en valor o medio ambiente e o patrimonio ligado ao mar (patrimonio material, arquitéctonico, natural e patrimonio inmaterial), que incrementen a conciencia da necesidade da preservación da contorna natural e patrimonial, así como do recoñecemento dos oficios do mar e da calidade diferencial dos produtos pesqueiros do territorio.
Consolidar o recoñecemento dos produtos pesqueiros como sinal de identidade, así como do sector pesqueiro e o seu modelo de extracción sustentable, reforzando a súa calidade diferencial.
Fomentar a oferta de experiencias públicas e privadas (relacionadas co medio ambiente e o patrimonio mariño, así como os oficios do mar e os produtos pesqueiros), procurando a desestacionalización turítica e o incremento dos días de estancia media.
Dotación ao territorio de experiencias que poñan en valor o medio ambiente, o patrimonio ligado ao mar, os seus oficios, así como a calidade dos produtos pesqueiros.
Fortalecemento da cadea de valor do sector turístico do territorio
Xeración de contidos enfocados á concienciación da poboación local, nomeadamente o sector do mar, da singularidade do propio e o seu valor para o desenvolvemento de proxectos profesionais de diversificación económica.
Creación de novas rutas de promoción do patrimonio ligado ao mar e ao patrimonio material e inmaterial
Incremento do coñecemento da poboación local das singularidades do territorio (coñecemento do medio natural, costeiro e pesqueiro) dun modo sostible e respectuoso coa contorna.
Actividade 1. Definición do proxecto. Análises estratéxica de produto e de público obxectivo.
Actividade 2. Identificación de rutas e trackeado. Sendeirismo e BTT
Actividade 3. Elaboración de contidos, gravacións e códigos QR
Actividade 4. Deseño gráfico e adaptación web e redes sociais
Actividade 5. Implementación na web municipal e accións de promoción no territorio
Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
Asegurar o relevo xeracional para manter a continuidade da actividade e tradición pesqueira como base económica sostible no territorio
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)