
Estudo de viabilidade técnica e económica, así como a elaboración da documentación técnica, proxectos básicos e de execución, de edificación e urbanización necesarios para a posta en valor do edificio de titularidade municipal localizado na parroquia de Castro, Concello de Miño, para a súa conceptualización como centro para emprender vinculado co sector do mar.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Dar diversas alternativas de uso orientado ao fomento do emprendemento vinculado ao sector primario para poder dar un maior aproveitamento ao edificio.
- Abrir unha nova vía de apoio para emprender no sector primario, como fórmula esencial e principal para a dinamización e xeración de riqueza no GALP Golfo Ártabro Norte.
- Impulsar un proceso participativo de ideas e posibilidades de contidos cos axentes do GALP, para ampliar o enfoque e explotación do mar, impulsando un proceso colaborativo con outros concellos e demais axentes.
- Idear o modo de recuperar e poñer en valor un edificio de elevado potencial de uso, con óptimas conexións con eixos de transporte vertebradores do GALP Golfo Ártabro Norte, favorecendo a creación e consolidación de iniciativas emprendedoras que atraian máis riqueza e máis oportunidades de emprego no seu territorio.
- Deseñar e concretar un espazo de máxima referencia, e en colaboración cos axentes educativos do territorio, que permita acompañar ás persoas que rematan os seus estudos e se incorporen ao mercado laboral como emprendedores, consolidando xeración de riqueza no territorio, freando a deslocalización a zonas con maiores oportunidades profesionais.
- Avaliar económica, organizativa e espacialmente o edificio identificando, periodificando e dimensionando os investimentos necesarios e definindo propostas que sexan innovadoras no seu entorno
Documento técnico consolidado de referencia e partida para que o Concello de Miño poida contar con todas as alternativas para uso do edificio como centro de emprendemento, abrindo unha nova vía de apoio ao emprendemento ao sector do mar.
|
Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.
|
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)