Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Fene no Mar

O Concello de Fene pon en marcha este proxecto para poñer en valor e seguir dando a coñecer a actividade pesqueira e a cultura mariñeira deste pobo costeiro, para o que realizan actividades para impulsar o coñecemento e a interpretación do medio litoral e marítimo, a súa historia e o seu patrimonio. Plan de Sensibilización do litoral enfocada a reducir o uso dos plásticos. Revitalización do espazo do litoral e intalación dun Centro do coñecemento do mar de Fene.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Concello de Fene
Datos de interese: 
https://fene.gal/portal-cidadan/index/gl
Perfil empresarial: 
administración local
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro de 2018 bases reguladoras concesión axudas proxectos FEMP 2014-2020
Convocatoria - ano: 
2021
Data de aprobación: 
03/08/2021
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
17
Anualidades: 
2
Data fin de execución: 
31/10/2022
Ámbito de aplicación: 

Fene

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
108.416,00€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
79.013,00€
Total axuda pública aprobada (€): 
55.309,10€
% Subvención: 
70%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
47.012,74€
FEMP (%): 
85%
CA (€): 
8.296,36€
CA (%): 
15%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
50
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Poñer en marcha unha serie de accións de valorización en canto á fauna, flora, etnografía, eliminación de plásticos, etc... por medio de persoas cun alto coñecemento que levante o interese da poboación no coidado do medio natural e mariño.

Actuar sobre a mellora e información dos espazos do litoral de Fene para que todas as persoas que os visiten os cuiden e respecten.

Crear un punto no que os visitantes ao litoral de Fene se poidan achegar para informarse sobre a importancia do mesmoe tamén sobre poder realizar accións de desfrute e entrar en contacto coa natureza por medio de actividades náuticas e medioambientais.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Dar a conocer a costa entre a cidadadanía de Fene e todas as persoas que se acheguen as praias, peiraos, espazos de lecer. 

Valorización do mar de Fene e os seus produtos pesqueiros e marisqueiros.

Conservación do espazo medioambiental do litoral de Fene

Accións lúdicas e educativas, nas que a través de persoal especializado facilitarase información relevante sobre a importancia do ecosistema 

Ter un espazo de referencia onde a xente poida achegarse e informarse do que supón o conxunto do litoral a nivel medioambiental, e tamén acceder a experiencias de turismo náutico, buceos, saídas....

Principais actividades do proxecto: 

Actividade 1. Plan de sensibilización. Obradoiros de escultura (construción dunha figura de animal mariño) e actividades de animación (18 actividades de coñecemento medioambiental e de sensibilización sobre diversos temas relacionados co litoral).

Actividade 2. Revitalización do espazos do litoral. Peixes come plásticos (papeleiras en cada unha das saídas das praias de Fene en forma de peixe creada de forma artesanal, co obxectivo de trasladar á poboación o problema que teñen os nosos mares coa presenza de plásticos e microplásticos, e a importancia da súa eliminación)

Actividade 3. Centro de interpretación das ribeiras do mar de Fene. Módulos móbiles e musealización.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono.

Obxectivo específico da EDLP: 

Loita contra o cambio climático e os seus efectos

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)