Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Inauguración da exposición «O océano que nos une» en EXPONAV - FERROL

 

No Museo da Construción Naval de Ferrol EXPONAV onte martes 20 de xullo ás 19:00 horas inagurouse a exposición "O Océano que nos une", un percorrido polas coleccións culturais máis destacadas dos museos galegos adscritos ao Red Rema a través do 32 paneis explicativos.

Abriu a exposición Ignacio Frutos Ruiz, almirante xefe do Arsenal militar de Ferrol e presidente da Fundación EXPONAV, Susana Rodríguez Carballo, directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Eva Martínez Montero, concelleira delegada de Patrimonio Histórico, José Manuel Fernández presidente do GALP Golfo Ártabro Norte e María Antonia Fernández, xerente do GALP Golfo Ártabro Norte fixeron unha presentación do proxecto Pasaporte Rema. O acto tamén contou coa intervención de Rosa Quintana, conselleira do mar.

A exposición itinerante, que xa percorreu diferentes cidades de Galicia desde 2019, pretende multiplicar o potencial destes espazos, resaltando os seus elementos máis significativos. A mostra complétase con 27 percorridos virtuais gamificados por espazos da rede Rema, situados en Portugal, Galicia e Asturias.

Esta exposición forma parte do proxecto de cooperación interterritorial e transnacional, PASAPORTE REMA, unha iniciativa promovida por todos os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) e cofinanciada polo Fondo Europeo de Pesca Marítima (FEMP), e pódese visitar ata o 30 de agosto de martes a venres de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00; O sábado de 10:00 a 20:00 e o domingo de 10:00 a 15:00.