1. A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Norte en reunión celebrada o 6 de abril de 2021 en Miño, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “Orde de Axudas do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2019”. CONVOCATORIA 2021. 1ª FASE ADXUDICACIÓN DE AXUDAS. (Resolución publicada o día 6 de abril de 2021 nesta mesma páxina web e no taboleiro de anuncios do GALP Golfo Ártabro Norte)
2. Rematado o prazo de alegacións o día 13 de abril de 2021, non foi recibida ningunha ao respecto, na sede do GALP Golfo Ártabro Norte.
Preme nos seguintes enlaces para ver as resolucións DEFINITIVAS:
Proposta Xunta Directiva resolución DEFINITIVA Convocatoria 2021
Anexo I. Proposta DEFINITIVA Xunta Directiva PRODUTIVOS Convocatoria 2021
Anexo II. Proposta DEFINITIVA Xunta Directiva NON PRODUTIVOS Convocatoria 2021
Anexo III. Proposta DEFINITIVA Xunta Directiva DESESTIMADOS Convocatoria 2021
Esta proposta de resolución DEFINITIVA de Xunta Directiva para proxectos produtivos e non produtivos da Convocatoria 2021, primeira fase de adxudicación de axudas, non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto, estando suxeita á dispoñibilidade orzamentaria de crédito para proxectos produtivos e non produtivos para esta convocatoria 2021.