Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Proposta de resolución DEFINITIVA Xunta Directiva GALP Golfo Ártabro Norte Convocatoria 2021 (Orde do 3 de agosto de 2021)

1. A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Norte en reunión celebrada o 6 de outubro de 2021 en Miño, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou  prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “Orde de Axudas do 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2021 (código procedemento PE155A)”.  (Resolución publicada o día 6 de outubro de 2021 nesta mesma páxina web e no taboleiro de anuncios do GALP Golfo Ártabro Norte)

2. Rematado o prazo de alegacións o día 14 de outubro de 2021, non foi recibida ningunha ao respecto, na sede do GALP Golfo Ártabro Norte.

3. Os membros da Xunta Directiva acordan que unha vez publicada a resolución provisional -segundo o artigo 24 da Orde do 3 de agosto de 2021- e abrir un prazo de achegas de 5 días hábiles; no caso de non recibir alegacións ao respecto, quedarían aprobadas definitivamente as propostas da resolución provisional, elevando a público unha proposta de resolución definitiva de proxectos produtivos, non produtivos e desestimados.

 

Preme nos seguintes enlaces para ver as resolucións DEFINITIVAS:

Certificado Xunta Directiva resolución DEFINITIVA Convocatoria 2021

Proposta Xunta Directiva resolución DEFINITIVA Convocatoria 2021

Anexo I. Proposta DEFINITIVA Xunta Directiva PRODUTIVOS Convocatoria 2021

Anexo II. Proposta DEFINITIVA Xunta Directiva NON PRODUTIVOS Convocatoria 2021

Anexo III. Proposta DEFINITIVA Xunta Directiva DESESTIMADOS Convocatoria 2021

Esta proposta de resolución DEFINITIVA de Xunta Directiva para proxectos produtivos e non produtivos da Convocatoria 2021 (orde do 3 de agosto de 2021), segunda fase de adxudicación de axudas, non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto, estando suxeita á dispoñibilidade orzamentaria de crédito para proxectos produtivos e non produtivos para esta convocatoria 2021.