Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Proposta de resolución DEFINITIVA Xunta Directiva GALP Golfo Ártabro Norte

1. A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Norte en reunión celebrada o 29 de marzo de 2019 en Miño, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou  prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “Orde de Axudas do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2019”. (Resolución publicada o día 2 de abril de 2019 nesta mesma páxina web e no taboleiro de anuncios do GALP Golfo Ártabro Norte)

2. Unha vez analizadas todas as alegacións presentadas dentro do prazo estipulado (5 días dende a data de publicación) na sede do GALP Golfo Ártabro Norte, a Xunta Directiva deste GALP en reunión mantida o día 11 de abril de 2019, eleva a público unha proposta de resolución DEFINITIVA de proxectos produtivos e non produtivos así como os desestimados, tendo en conta o estipulado no artigo 24 da “Orde de Axudas do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2019”.

3. Preme nos seguintes enlaces para ver as resolucións DEFINITIVAS:

Proposta Xunta Directiva resolución DEFINITIVA Convocatoria 2019

Anexo I. Proposta DEFINITIVA Xunta Directiva PRODUTIVOS Convocatoria 2019

Anexo II. Proposta DEFINITIVA Xunta Directiva NON PRODUTIVOS Convocatoria 2019

Anexo III. Proposta DEFINITIVA Xunta Directiva DESESTIMADOS Convocatoria 2019

Esta proposta de resolución DEFINITIVA de Xunta Directiva para proxectos produtivos e non produtivos da Convocatoria 2019, non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto, estando suxeita á dispoñibilidade orzamentaria de crédito para proxectos produtivos e non produtivos para esta convocatoria 2019.