Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Proxecto deportivo de traiña feminina en Mugardos

O Club do Mar de Mugardos pretende poñer a funcionar no pobo costeiro de Mugardos un equipo feminino de remo, co obxectivo de fomentar a inclusión das mulleres no deporte tradicional do remo, un deporte na que as mulleres actualmente son minoritarias.

Potenciar a escola de remo do Club do Mar de Mugardos engadindo unha nova tripulación. a nova embarcación é unha traíña ou traiñeira, que é considerada como a categoria raiña dentro do remo de banco fixo. Esta categoria conta coas tripulacións máis numerosas (13 remeiros/as é un patrón), recórrense as maiores distancias en competición, ten o período de competición máis longo e conta cun maior seguimento de público e medios de comunicación que o resto de categorias tanto de remo olímpico como de banco fixo a nivel nacional.

A creación deste novo equipo sería un paso adiante na actividade deportiva do Club do Mar de Mugardos ao permitir a participación dun maior número de deportistas de que o facian ata a data e poder participar nunha competición que se estende nun período maior ao longo do ano. Isto resolverá unha demanda incipiente das mulleres deportistas do pobo de poder competir nunha categoria superior e poder continuar o seu desenrolo deportivo nesta modalidade.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Club do Mar de Mugardos
Datos de interese: 
http://www.clubdomarmugardos.com/
Perfil empresarial: 
Club Deportivo
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 24 de maio pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a proxectos ao amparo de estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobados aos grupos de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2018
Data de aprobación: 
05/09/2018
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
7
Anualidades: 
2018
Data fin de execución: 
31/10/2018
Ámbito de aplicación: 

Concello de Mugardos

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
36.269,75€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
29.975,00€
Total axuda pública aprobada (€): 
26.977,50€
% Subvención: 
90%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
22.930,87
FEMP (%): 
85%
CA (€): 
4.046,63
CA (%): 
15%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
17
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

- Fomentar a inclusión das mulleres no deporte tradicional do remo, mediante a súa participación na Liga Gallega de Traiñeiras Feminina.

- Dar continuidade a labor desenvolta en anos anteriores nas categorias inferiores do Club.

- Fomento do remo tradicional, ligado ao sector pesqueiro dende o seu nacemento, entre as mulleres. Apoio á recuperación da memoria mariñeira.

- Promoción turística do Pobo costeiro de Mugardos e da súa cultura mariñeira, facendo especial fincapé no sector hostaleiro e na súa oferta culinaria de produtos de pesca local.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

- O resultado de creación dun equipo feminino do Club do Mar de Mugardos para participar na LGT contribúe directamente a crear un proxecto promovido exclusivamente por mulleres.

- Aumentar o número de mulleres deportistas que fan deporte no ámbito territorial do GALP Golfo Ártabro Norte, especialmente no deporte do remo tradicional, un deporte no que as mulleres actualmente son minoritarias.

- Manter e divulgar a cultura mariñeira

- Creación en Mugardos dunha bandeira feminina de traiñas, en colaboración coa Confraría de Pescadores de Mugardos e o Concello de Mugardos.

- Nova oferta turística, a través da creación dunha actividade recreativa náutica.

- Este proxecto creará impactos económicos indirectos no territorio, pola cantidade de público que atrae, beneficiándose os sectores da hostaleria e restauración do territorio, principalmente.

Principais actividades do proxecto: 

1. Adquisición do material necesario para competir e adestrar: Traíña de fibra de carbono para poder levar a cabo os adestramentos as mulleres e poder competir nela cando comece a competición da LGT.

2. Disputa das competicións que forman parte da LGT Feminina dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Organización dunha bandeira feminina nas traiñas no pobo de Mugardos en colaboración coa Confraría de Pescadores de San Telmo de Mugardos e o Concello de Mugardos. O Club do Mar de Mugardos organizará un evento náutico deportivo no que competirán as traíñas femininas de toda Galicia atraendo a multitude de deportistas e público á Real Vila de Mugardos. 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

2. Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.

Obxectivo específico da EDLP: 

2.1. Impulsar o turismo mariñeiro e relacionado co mar para convertelo nun novo motor económico de primeira magnitude no territorio: a gran riqueza dos recursos e medios mariños e das tradicións mariñeiras na zona supón unha oportunidade para o aproveitamento económico sostible mediante iniciativas que contribúan a xerar emprego, fixar poboación e atraer riqueza.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)