Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Procedemento de Contratación de Asistencia Técnica para a posta en marcha da Actividade de Dinamización – Promoción da sensibilización ambiental no territorio do GALP Ría de Pontevedra

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría de Pontevedra foi recoñecido como entidade colaboradora pola Consellería do Mar para o desenvolvemento sostible das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2014 – 2020.

O Grupo asinou un convenio coa Consellería do Mar en virtude do que, o Grupo deberá contribuír á dinamización da presentación de proxectos ás convocatorias anuais de axudas e en especial en relación cos obxectivos estratéxicos de menor desenvolvemento ata o momento actual.

Por este motivo, o Grupo solicita a súa mellor oferta para a prestación dunha Asistencia Técnica para o desenvolvemento do programa de actividades de Dinamización de Promoción da sensibilización ambiental do GALP Ría de Pontevedra.

 

Información básica sobre a actividade Promoción da sensibilización ambiental  e defensa do patromonio cultural vinculado ao mar

OBXECTIVOS: O obxectivo desta actividade é dar a coñecer á cidadanía a implicación do GALP Ría de Pontevedra na posta en valor do patrimonio ambiental, a promoción de empresas cun compromiso en sostenibilidade ambiental e na realización de actividades de sensibilización ambiental.

As accións que se desenvolvan estarán orientadas á concienciación en temas ambientais, divulgación de ecosistemas mariños, concienciación sobre as consecuencias e posibilidades de acción fronte ao cambio climático, basuras marinas, etc

LUGAR E DATA DE REALIZACIÓN: As actividades desenvolveranse en colaboración cos centros de ensino primario do territorio, previa presentación aos mesmos do programa de actividades e sinatura de acordo de participación.

DESTINATARIOS: A actividade estará dirixida a escolares do/s último/s ano/s de Primaria mais procurarase a implicación familiar.

ENTIDADES COLABORADORAS: O GALP Ría de Pontevedra participará na selección de entidades colaboradoras que participen no programa de sensibilización ambiental.

BREVE DESCRICIÓN DAS ACTIVIDADES A REALIZAR: As actividades a realizar son as seguintes:

‐ Invitacións aos centros escolares a participar coa achega do programa deseñado de actividades a desenvolver polos alumnos do centro educativo.

‐ Execución das actividades programadas coa participación dos centros escolares seleccionados.

‐ Redacción dunha Memoria de execución.

Criterios de adxudicación e documentación a presentar

GALP 6_ANEXO III_Instrucción 11_Contratación