Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Xornadas de promoción das diferentes ameixas do Golfo Ártabro

Thursday, 9 de September de 2021 - 06:09
o xoves día 9 de setembro de 2021 ás 18.00 horas, terá lugar o acto de presentación das Xornadas de promoción das diferentes "ameixas" do Golfo Ártabro, que terá lugar na sede da Confraría de Pescadores de Miño (Porto, s/n 15630 Miño - A Coruña). Esta actividade está incluída dentro das actividades de animación do GALP Golfo Ártabro Norte nesta anualidade 2021, e ten como un dos obxectivos dar maior visibilidade e recoñecemento ao traballo das seis confrarías de pescadores deste ámbito territorial, así como o apoio e promoción do seu produto. Tamén, preténdese potenciar a implicación do tecido social, económico-empresarial, do sector do mar e da administración local no desenvolvemento da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa deste GALP. As actuacións previstas dentro desta actuación son: Elaboración dun catálogo online coas diferentes ameixas. Xornadas técnicas das diferentes ameixas nas confrarías de pescadores, cunha degustación do produto. Exposición itinerante.