Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

XORNADA CAMARIÑAS PROCESO PARTICIPATIVO EDLP GALP COSTA DA MORTE FEMPA 2021-2027

Thursday, 11 de August de 2022 - 06:08
Con motivo da posta en marcha a nova planificación estratéxica do período 2021-2027 dos fondos Europeos, realizamos varias xornadas para que os axentes do territorio e a poboación en xeral poida participar de forma directa no proceso de elaboración da nova Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo. É moi importante para o territorio, asistir a unha destas xornadas para coñecer as necesidades, prioridades e proxectos que se deben financiar ao amparo do novo programa do Fondo Europeo Marítimo da Pesca e Acuicultura (FEMPA) 2021-2027. Imos levar a cabo tres xornadas de proceso participativo no territorio do GALP Costa da Morte: - Martes 9 de Agosto de 18:00h a 19:00h no CAT, Buño - Xoves 11 de Agosto de 18:00 a 19:00h na Casa da Pedra, Camariñas - Xoves 18 de Agosto de 18:00h a 19:00h no Salón de Actos do Concello, Laxe Tamén pode participar de forma On Line a través das seguintes ligazóns de Zoom: Martes 9 de agosto: https://us02web.zoom.us/j/82155469648 Xoves 11 de agosto https://us02web.zoom.us/j/82598482158 Xoves 18 de agosto: https://us02web.zoom.us/j/81955507751 As personas interesadas en participar poden inscribirse previamente na seguinte dirección de correo electrónico: galp.mar.costadamorte@xunta.gal, indicando o tipo de modalidad de asistencia, presencial u on line, ou no 981 70 73 78.