
Co novo centro de procesado, a empresa MARISCOS BO MAR reforza a cooperación coa canle de restauración e hostalería, ofrecendo novos pratos a base de especies infravaloradas e novos sistemas de presentación para a súa incorporación ás canles de comercialización do promotor (ovas de ourizo conxeladas, navalla conxelada con golpe de vapor...). Como consecuencia, o sector primario verase fortalecido como fonte de aprovisionamento e saída de produtos do mar das rías galegas.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O obxectivo xeral do proxecto e a mellora da competitividade do sector a través do aumento de valor engadido de pescado e mariscos principalmente orixinario da lonxa do porto de Ribeira e a creación de emprego de mocidade. Por outra banda, coa instalación da cociña degustación inténtase a integración e a cooperación na procura de novos produtos intimamente ligados coa restauración e hostalería local.
Comercialización directa e de proximidade coa pesca costeira artesanal e desenvolvendo unha política de aprovisionamento de pescados e mariscos da rías galegas baseadas nunha pesca responsable.
Fomento do consumo de especies infravaloradas. Coa incorporación da sala de degustación poténcianse as sinerxías e cooperación coa canle de hostalería e restauración.
Coas instalación tanto de cocción como de arrefriado procúranse novos produtos rematados de valor engadido como ovas de ourizo conxeladas, navalla conxelada con golpe de vapor, etc..
Creación dun novo posto de emprego feminino a tempo completo.
Distínguense dúas zonas principais dentro da distribución interior do local:
Unha primeira zona, é a de atención ao público, que engloba a zona de exposición de peixes e mariscos e a venda polo miúdo. A esta zona accédese directamente dende a vía pública (rúa Carlos Casares).
A segunda zona do local, é a zona de preparación da materia prima; cuxo destino é a venda por xunto, aínda que parte dela poida ir destinada ao propio punto de venda do local. Acédese dende a Rúa Xoana Torres, 5. Situado na parte traseira do local, pero con acceso ao público. Preténdese que o cliente poida ter acceso aos procesos de depuración e procesado; de maneira que se transmita por parte do negocio unha imaxe de transparencia e calidade. Distínguense varias zonas:
- Zona de evisceración: destinada a limpeza do produto e tratamentos previos.
- Zona de Cocción.
- Zona de conxelado.
- Zona de etiquetaxe e envasado.
- Vestiarios de persoal.
Como anexo de unión existe unha zona de circulación, con entrada e saída independente do local e da zona de atención ao público; que se deseñou tendo en conta o fluxo de mercadoría; independizando o acceso e a exposición inicial do produto das zonas de elaboración e procesado final.
OBXECTIVO ESTRATÉXICO 1: Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministración dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible a través du uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
Obxectivo específico 1.1: Conseguir a cooperación entre entidades do sector para mellorar a valorización dos recursos pesqueiros a través da promoción comercial e a aposta pola súa calidade diferencial.
Obxectivo específico 1.2: Acadar a incorporación laboral ou profesional da mocidade e a profesionalización do sector pesqueiro.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)