Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

PROPOSTA DE RESOLUCIÓN DEFINITIVA

Proposta de Resolución Definitiva da Xunta Directiva para proxectos non produtivos da Convocatoria de Agosto 2021

 

1.- A Xunta Directiva do GALP Ría de Arousa en reunión celebrada na data do 6 de outubro de 2021 en Vilagarcía de Arousa, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “ORDE de 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2021

 2.- Rematado o prazo de alegacións, non foi recibida ningunha ao respecto, na sede do GALP Ría de Arousa.

3. Os membros da Xunta Directiva acordan que unha vez publicada a resolución provisional -segundo o artigo 24 da Orde do 3 de agosto de 2021- e abrir un prazo de achegas de 5 días hábiles; no caso de non recibir alegacións ao respecto, quedarían aprobadas definitivamente as propostas da resolución provisional, elevando a público unha proposta de resolución definitiva de proxectos non produtivos e desestimados.

 

Esta proposta de Resolución Definitiva non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos, estando condicionada á presentación de toda a documentación requirida, debendo estar dita documentación así como a xa presentada, segundo establece a orde de bases e a normativa vixente.

 

Na seguinte ligazón poden consultarse a listaxe das propostas de resolución definitivas:

https://galp.xunta.gal/ria-de-arousa/resolucion-definitiva