Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Contratación: Asistencia Técnica para asesoramento a promotores na convocatoria extraordinaria de axudas de 2022

O GALP Ría de Pontevedra foi recoñecido como entidade colaboradora pola Consellería do Mar para o desenvolvemento sostible das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2014-2020 e ten coma obxectivo o esgotamento do orzamento destinado a proxectos.

No convenio asinado coa Consellería do Mar-e a súa addenda de decembro de 2020-, en virtude do que, o Grupo deberá contribuír á dinamización da presentación de proxectos ás convocatorias anuais de axudas.

Por este motivo, o Grupo solicita a súa mellor oferta para a prestación dunha Asistencia Técnica para o asesoramento a promotores na recta final do prazo de presentación de solicitudes de axuda do ano 2022 co obxecto de prestar apoio a promotores para a presentación de proxectos candidatos a presentarse a convocatoria de 2022.

Obxecto da Asistencia Técnica

Será obxecto da asistencia técniva, conforme se especifica máis adiante, a atención aos promotores que soliciten apoio para a formulación dos seus proxectos especialmente no deseño concreto e viable dos proxectos individuais ou colaborativos dos promotores.

Xúntase:

PDF iconCarta de solicitude de oferta.pdf

 

Para calquera información adicional non dubiden en poñerse en contacto co GALP Ría de Pontevedra chamando ao 698 180 887 ou enviándonos un correo ao enderezo electrónico gacpontevedra@gmail.com.