O proxecto consiste na gravación dun documental sobre a Xunqueira do Alba, , lugar que foi declarado pola Consellería de Medio Ambiente como Espazo Natural de Interese Local. Trátase dunha marisma de 48 hectáreas, que forma parte deste ENIL, cuxa superficie total alcanza as 67 hectáreas. Este espazo conta cun Plan de Conservación aprobado polo Decreto 190/2012, no que se recolle os usos, actividades permisibles e as limitacións necesarias para a súa conservación e forma parte do dominio de Costas. Este espazo limita cos concello de Pontevedra e Poio.
A Xunqueira ten un valor ecolóxico fundamental que inflúe positivamente na conservación medioambiental da Ría de Pontevedra e dado que este tipo de espazos axudan a: filtrar os axentes contaminantes e sólidos en suspensión, polo que este filtrado beneficia aos bancos marisqueiros da Ría pois este ecosistema é capaz de depurar refugallos nocivos, pesticidas...; contribúe a absorción das precipitacións evitando inundacións; almacena carbono; conservan e restauran os ecosistemas; e son fundamentais para a biodiversidade a que albergan especies en extinción e son lugares de reprodución e migración de moitas aves.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Coa realización do proxecto se espera alcanzar os seguintes obxectivos:
1. Promover e poñer en valor este espazo natural, por unha banda, pola diversidade e peculiaridade das aves que a habitan e, así como, polos beneficios que aporta este tipo de espazos á conservación da Ría de Pontevedra.
2. Concienciar á cidadanía da importancia da conservación deste espazo natural a través da protección e contemplación da natureza que habita a marisma.
O proxecto permitirá que a cidadanía en xeral coñeza a diversidade de especies que habitan nesta marisma, algunha delas en perigo de extinción, de xeito que se fomenten valores positivos de cara a protección da marisma e por ende da Ría de Pontevedra.
O proxecto ten unha duración de 2 meses divididos en tres partes: Preprodución, gravación e postprodución.
1. Producción se realizarán traballos de recompilación de información, localizacións, produción e elaboración do Guión.
2. Gravación se realizaran os traballos propios da gravación das entrevistas e imaxes de recurso do Documental.
3. Postprodución: se fará un traballo de Edición das imaxes e se fará unha Postprodución das mesmas incluído o son. Autoría, deseño e copias de DVDs. Elaboración da Paxina web e promoción do Documental.
3. Impulsar e aproveitar o patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático, así como contribuír á concienciación cidadá nestes ámbitos.
3.2. Promover iniciativas de posta en valor e protección dos recursos naturais, de redución da pegada de carbono e de mitigación dos efectos do cambio climático.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)