
O proxecto persigue a mellora da comercialización dos produtos pesqueiros da lonxa de Portonovo e a mellora da oferta de turismo mariñeiro na lonxa ligado á sensibilización medioambiental a través dunha xestión adecuada dos medios. Para levar a cabo este proxecto precisamos contratar a unha persoa a tempo completo para que se encargue da xestión da lonxa no ámbito comercial e no ámbito turístico.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Por un lado búscase a mellora da oferta turística mariñeira, co fin de promover e poñer en valor o sector pesqueiro artesanal realizando ó mesmo tempo unha sensibilización medioambiental. Ademais de deixar un arquivo histórico coas vivencias dos veciños que estiveron implicados no mundo do mar ó que se terá acceso tanto na lonxa coma na nosa páxina web.
Este arquivo completarase con fotografías antigas que proporcionarán os mesmos veciños do pobo e a asociación Ollares de Portonovo coa que temos un acordo de colaboración para levar a cabo este proxecto.
Por outro lado búscase a mellora na xestión da comercialización e promoción do produto pesqueiro artesanal, usando as novas tecnoloxías, ademais dos canais habituais, usando as redes sociais para a súa promoción e realizando estudos de mercado sobre as diferentes especies clave que se capturan na nosa Ría. Dous dos puntos de venda online que pretendemos impulsar son o uso de Whatsapp Business e a plataforma de pescado artesanal "www.pescadoartesanal.com" para completar o novo programa de poxa implantado "lonxas 4.0".
- Atraer a comercializadores e proveedores para incrementar a actividade da lonxa de Portonovo volvéndoa mais competitiva, o cal fomentará o crecemento económico da nosa vila.
- Promover o uso das novas tecnoloxías no proceso de poxa.
- Poñer en valor o sector pesqueiro artesanal de Portonovo transmitindo os coñecementos sobre dito sector ó resto da cidadanía.
- Lograr unha sensibilización medioambiental e promover o coidado do medio mariño dende cativos.
- Desestacionalizar o turismo mariñeiro. Lograr unha diferenciación de espazos nas instalacións da lonxa e que a labor habitual dos traballadores e clientes sexa compatible co uso da lonxa como espazo socio-cultural, sen que se vexa interferida, facendo uso das novas tecnoloxías.
- Mellorar as condicións de seguridade e traballo dos usuarios da lonxa.
Para acadar a mellora da comercialización dos produtos pesqueiros da lonxa realizaranse as seguintes actividades:
- Captación de novos compradores e provedores.
- Adaptar o espazo comercial da lonxa ás novas tecnoloxías para poder ofertar un mellor servizo e facer mais atractiva a lonxa para compradores e provedores.
- Emprego das plataformas Whatsapp Business e www.pescadoartesanal.com" para a promoción e venda dos produtos procedentes da pesca artesanal de Portonovo a través de internet.
- Ter un servizo de xestión que permita organizar toda a loxística do proceso de venda, dende que se produce a mesma ate que se transporta e chega ó cliente destino.
- Promover o produto pesqueiro artesanal.
- Respecto ao segundo, para a mellora da oferta de turismo mariñeiro orientado á sensibilización medioambiental e promoción do produto pesqueiro artesanal realizarase unha adaptación da zona de poxa antiga:
- Promoción e ampliación da información sobre o sector pesqueiro artesanal e real izar unha sensibilización medioambiental.
- Creación dun espazo adaptado para a realización de diversas actividades durante todo o ano usando as novas tecnoloxías.
- Creación dun arquivo histórico. Para logralo precisamos adecuar as instalacións da lonxa para permitir o desenrolo normal do traballo da lonxa durante as visitas e mellorar o espazo das visitas introducindo material divulgativo e didáctico engadindo a sensibilización medioambiental
- Adquisición de material didáctico e divulgativo sobre as especies da pesca artesanal ligado á concienciación do coidado medioambiental:
- Dous vídeos divulgativos.
- Photocall.
- Pantalla de apoio.
- Paneis explicativos.
- Adaptación a código QR.
- Miniaturas das artes de pesca.
- Panel interactivo.
- Ampliación do contido da páxina web.
Instalación de portas de acceso por identificación con tarxetas de proximidade para usuarios profesionais da lonxa: con esta medida pretendemos que o acceso dos profesionais da lonxa estea separado do acceso dos visitantes para poder manter o desenrolo normal das visitas por un lado e o dos traballadores polo outro.
1. Aumentar o valor, a creación de emprego, a atracción da mocidade e promoción da innovación e do coñecemento en todas as fases da cadea de subministro dos produtos da pesca e da acuicultura.
1. .1. Promover o crecemento económico da Ría de Pontevedra a partir da intensificación dos esforzos na promoción dos produtos, e da mellora de todos os procesos que integran as actividades da cadea de valor, dende a xestión do recurso e a extracción ata a chegada ao consumidor
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)